Arquivo da categoría: Fotografía

Compostela, territorio fotográfico

Denís-EstévezPilar Sampedro. Para conmemorar os 25 anos do CGAC, iluminouse Bonaval cun traballo de Javier Riera. Unha proxección de luz, filtrada con motivos xeométricos, sobre a vexetación. A noite foi intervida polos reflexos que se pousan e transparentan as masas arbóreas. Porque o CGAC expándese no exterior, amplíase ao parque, vai cara a fóra. Seguir lendo Compostela, territorio fotográfico →

Ruralízate

fio de ariadnaMoisés Suárez. Agardo que o feito de que o home que sae na foto sexa o pai da miña tía Fina sirva para eximirme de calquera dereito de autor que non teño. Se non enleareime nunha vórtice  xurídica contra toda a corrección política que nos invade. De aquí a que o xuíz dite unha sentencia, entre folga e folga,  talvez mudaran os tempos tanto coma desde que pola ponte da Pasaxe circulaban as vacas en hora punta sen concorrencia  con ningún vehículo. Seguir lendo Ruralízate →

Roque

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad Rey. Albino dedicábase á fotografía, capturaba momentos únicos polas aldeas do concello de Rianxo na metade do século pasado. Un día foi ata á aldea de Abuín —na véspera de San Xoán— e viu dous rapaces que buscaban plantas milagreiras para poñeren en auga ao resío da máxica noite. A recolleita das plantas e flores aromáticas era do máis habitual; pero quedou impresionado ao ver un corvo que traía na man o rapaz. A ave estaba domesticada e saltáballe dende o ombreiro ata a man do seu amo sen escapar. Cando un veciño comezou a tocar o acordeón, o corvo berraba ao son da música e sacudía as ás. Parecía contento como se quixese bailar. Albino preguntoulle ao rapaz como fixera para desbravar esa ave, e díxolle: «chámase Roque e collino cando aínda estaba no niño no Agro do Pardo. Seguir lendo Roque →