Arquivo da categoría: Fotografía

Curiosidade

vacaCarlos Mosteiro. Así é como debeu empezar a filosofía. Debeu ser primeiro un achegamento curioso, esa mirada perplexa, silandeira, temerosa, case tremente cara ao coñecemento ou ao descoñecemento; en todo caso, cara ao misterio. Os ollos agrandados, preparados ante o que poida pasar, o perigo que se atopa indefectiblemente diante da aventura intelectual, máis alá dos parapetos defensivos, das seguridades que xa non existen. Seguir lendo Curiosidade →

Luz

limónUxía Casal. Levo enriba unhas cantas estacións e podo afirmar que, polo momento, a que máis me gusta é o outono, coma a tantos outros que gozan desa luz dourada, menos intensa cá do verán e máis viva cá do inverno, dos matices tan variados da gama de marróns e ocres que co paso dos días vai dotando as follas das árbores, da aparición de novos animais e a marcha doutros… Seguir lendo Luz →

Fea, católica e sentimental

DCIM132GOPROMariña Pérez Rei. Ben podería dicirse que a costa galega lle debe á Creación a factura eterna da súa beleza. Que ten que pagar peaxe de por vida. Coma Dorian Grey ante o seu retrato. Ás veces esa débeda maniféstase en forma de menosprezo. Desde Estrabón a Aymeric Picaud. Os galegos somos xente de mal xenio, tribo brava, ásperos e impenetrables coma a nosa paisaxe, dignos dunha eterna evanxe-lización. Tan infinita coma rancia. Seguir lendo Fea, católica e sentimental →