Arquivo da categoría: Fotografía

Conversas de escaparate. O entroido interminábel

perfil1Fidel Vidal. -Dun tempo a esta parte non se coñece a xente.

-A que te refires?

-Non te decataches que todo o mundo anda coas caras tapadas?

-Será que non rematou o carnaval.

-Pois ben cativas son as máscaras.Todas iguais.

-Hainas azuis e brancas. Tamén se ven negras.

-Outras levan bandeiriña. Seguir lendo Conversas de escaparate. O entroido interminábel →

Conversas de escaparate. Felicidade

B81B.tmpFidel Vidal. -Acompañaríasme a dar un paseo agora que non hai ninguén?

-Sería un pracer e unha honra pero pode chegar alguén.

-A estas horas?

-Un osmón ou unha mirona xamais pensa nas horas. Ademais resultaría unha estrañeza que nos viran collidas da man.

-Quen falou de pasear agarradas?

-E con estes sombreiros? Seguir lendo Conversas de escaparate. Felicidade →

Conversas de escaparate. Sedución

fffFidel Vidal. -Xamais soubo do efecto que causou a súa ollada de esguello compartindo ambos os dous un sorriso tan breve como sutil. Visto e non visto, a brevidade para o resto da miña vida. Efémero. Como pode ser efémero este sentir nunha necesitada de paixón? Unha mirada, a miña, demandando o roce dos seus beizos. Aquel descoñecido, sen o pretender, decidiu por min. Así me agocho doutras tentacións por non traizoar o noso  amor. Un amor non correspondido, diredes. Pero non, o meu amor non necesita correspondencia ningunha. Abóndame co seu recordo. Aínda hoxe, ao amparo deste paraugas, penso nel, síntoo como se estivese presente. Seguir lendo Conversas de escaparate. Sedución →

Conversas de escaparate. Perfume

imaxe1Fidel Vidal. -Por ser como eu son véxome soa e abandonada, tirada na gabia como unha cadeliña indefensa e desprezada. Unha desposuída. Fíate das amigas! Mentres me consumo chorando en silencio, ela seguro que anda de esmorga a rirse desta inxenua. Estounos a ver, os dous de ganchete celebrando a estrea do noivado, unha festa que oxalá remate en traxedia. Que os parta un raio. Non son a primeira muller, seino, nin serei a última, a padecer traizón semellante. Dóeme pensar no que falarán. Que se estaban namorados antes de me coñecer… Iso el, incoherente deslucido. Respecto da miña amiga –amiga? vaia coa amiga!- supoño que o bicará até estragarlle os beizos, murmurándolle na orella: “Canto sufría cada vez que vos vía xuntos!” Seguir lendo Conversas de escaparate. Perfume →