Arquivo da categoría: Pedro García Vidal

Ao abeiro da Atalaia

Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar
Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar

Pedro García Vidal. O que Porto do Son foi no pasado configura a súa estrutura e fisionomía actual. Na imaxe ollamos unha representación sintética dunha historia de séculos que comeza no momento mesmo da instalación humana neste lugar. No emprazamento elixido -o linde máximo das augas calmas da ría- o mar asolágao todo. Seguir lendo Ao abeiro da Atalaia

Miradas poéticas a carón dos camiños de Santiago

BS28C2F4_204928Pedro García Vidal. Pío Costa (Noia, 1952) achegou este verán ata o Liceo noiés a súa particular e orixinal mirada poética sobre espazos e arquitecturas que habitan os diferentes camiños a Compostela. Trátase dun conxunto vario de cadros realizados en plein air ou pintura ao aire libre, todos eles impregnados de aire e de luz. Seguir lendo Miradas poéticas a carón dos camiños de Santiago

As primeiras regulacións na construción das vilas

A Historia. As primeiras.._Pedro García Vidal. Ata o século XIX, só as limitacións de policía poñían límite ao dereito a edificar dos cidadáns. Ata este momento, toda a actividade urbanística, que era netamente municipal xa que o Estado apenas interviña, viña rexéndose por “normas de policía urbana” que regulaban multitude de aspectos moi diversos, entre os que estaban os urbanísticos.A denominada policía urbana comprendía unha serie de cometidos a cargo do Concello, que tiñan directa relación coa seguridade, salubridade, comodidade e ornato das poboacións. Por iso, con respecto ao urbanismo, as normas de policía urbana teñen unha grande importancia. Seguir lendo As primeiras regulacións na construción das vilas

Noia, un espazo da memoria

BA27C2F6_21042Pedro García Vidal. Ao igual que as persoas, algunhas cidades posúen tamén certificado de nacemento. No caso de Noia ten data de 9 de abril de 1168, momento en que o rei Fernando II lle outorga a súa Carta Pobra, polo que a vila vén de celebrar o seu 850 aniversario. Logo de tanto tempo, a memoria devalou, e a cidadanía foi perden-do conciencia do mundo que a creou. Seguir lendo Noia, un espazo da memoria