Xabier L. Marqués. Do saboroso e coruscante ataniscar de arumes, rebentos e fronza, das eguas que neste mesmo instante veñen de abeberar nun manancial que a forza de correr discorrer e transcorrer comeza a semellar un espello transparente sen azougue no que os seixos e as pequenas herbas loitan por se achegaren a rolos á superficie e pastar tamén, silandeiros… Seguir lendo Estampa. De que está construído o silencio?
Arquivo da categoría: Xabier L. Marqués
A lura e o crisantemo
Xabier L. Marqués. Eu tamén estou de acordo en que o galego, como o xaponés, non pertence á cultura da culpa, pero si á da vergoña, que ten máis que ver cos vincallos íntimos que un establece con todo o que o rodea. Ademais, estas dúas culturas coinciden na ausencia de contundencias afirmativas, no seu escaso emprego de imperativos, no uso de sobreentendidos, formas non agresivas de afirmar (seica, disque…). Discurso borroso?
Malia a aparente dozura da Ría de Arousa, unha das Rías suaves, a súa xeomorfoloxía é moi especial: ateigada de trampas, resulta especialmente complexa. Seguir lendo A lura e o crisantemo
A criba e a nostalxia
Xabier L. Marqués. (A Daniel Domín-guez) Chamámoslle «botar o rastro ao mar» a tiralo á auga, para «rastrexar» e que as pedras que saen fóra dos berberechos e ameixas, que quedan dentro, caian. O rastro do berberecho pesa entre 6 e 7´5 quilos; os de «inox» son os máis lixeiros e os de ferro galvanizado son os máis pesados. Seguir lendo A criba e a nostalxia
Tempos de plastilina
Xabier L. Marqués. Tempos de pensamento feble, sen alicerces, sen fundamento, sen ideoloxías que acubillen os que foxen na procura dun tobo, dun laño ou dunha trincheira ou, simplesmente, dun precipicio. Tempos de se acoirazar. Tempos sen firmeza. Tempos de baguettes, de pan reseso. Tempos para lle pór nome e apelidos ao inimigo. Tempos nos que agroman os delatores. Seguir lendo Tempos de plastilina