Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son

O Escritor. Correo_de_Galicia_06-06-1919Pastor Rodríguez. Non foi un escritor importante, pero si un dos moitos galegos emigrados que se dedicou ao xornalismo en América. Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga nacera en Porto do Son o 12 de frebreiro de 1880, e non en 1888 como asegura Alberto Vilanova. Emigrado na Arxentina en 1909, cando xa era licenciado en Dereito pola universidade de Compostela, nese país desenvolveu múltiples actividades: viaxante de tecidos, pintor, escultor en madeira, astrónomo e fotógrafo. Seguir lendo Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son

Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

sifilisPastor Rodríguez. Nacido o 11 de xuño de 1869 na Pobra do Caramiñal, foi un médico de prestixio no seu tempo, doutor en 1904, director do Gran Hospital de Santiago dende 1899 e subdelegado de Medicina da provincia da Coruña. Obtivera a licenciatura en Medicina en 1890 e en 1911 publicou un resumo da súa tese doutoral co título de Sobre la sífilis y su tratamiento por algunos preparados mercuriales, na imprenta compostelá do Eco de Santiago. Moi amigo de Valle-Inclán, alugoulle na Pobra do Caramiñal a súa quinta, chamada “Villa Eugenia” pola súa muller Eugenia Gasset, situada na rúa de San Roque, que subsiste aínda hoxe e que foi fotografada por Ruth M. Andersen. Seguir lendo Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

Antonio Novo Campelo, un médico de Muros

O Escritor. Tratado_de_farmacologia_experimental_y_terapeutica jpgPastor Rodríguez. Antonio Novo Campelo naceu en Muros en 1878 e licénciase en Medicina en Compostela en 1901. En 1904 era xa Director de Baños e estivo dirixindo os de Verín, A Toxa e Baños de Molgas. En 1909 gañou a Cátedra de Terapéutica na universidade de Zaragoza e, ao ano seguinte, trasladouse á de Santiago. Amais diso, ampliou os seus coñecementos en universidades de Alemaña. Foi un dos grandes hidrólogos da Galicia do século XX, con moito prestixio fóra do noso país. Especialista en Crenoterapia e Hidroloxía Médica, colaborou nas revistas Medicina y Cirugía, Boletín de la Universidad de Santiago, Galicia Clínica e Anales de la Sociedad Española de Hidrología Médica. En 1918 publicou en Compostela Valor de La Estrada como estancia climatérica de altura media. Seguir lendo Antonio Novo Campelo, un médico de Muros

Un muradán en Santo Domingo

O Escritor. Garcia_Rodriguez. AbrilPastor Rodríguez. José Mª García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. Seguir lendo Un muradán en Santo Domingo