Arquivo da categoría: María Xesús Blanco

Non hai dúas sen tres

Ilustración: Lucia Puebla Blanco
Ilustración: Lucia Puebla Blanco

María Xesús Blanco. Era a terceira vez que empezaba un curso de natación. Non era quen de manterme a flote nin un par de segundos. Dende nena, ti ben o sabes, sinto pavor ao mergullarme na auga dende aquela caída. A primeira vez anotoume papá. Aínda estaba no instituto. Claro que daquela atopaba cousas máis interesantes que facer e andaba por aí de festa en vez de ir á piscina. Lémbraste? Así e todo, no verán sentía moita envexa ao verte a ti, e aos primos, nadando e facendo pinchacarneiros no salto do río. Seguir lendo Non hai dúas sen tres

Na fronteira

20201129_135621María Xesús Blanco. Nove da mañá. Nove graos. Primeiro día de vacacións. Hai quen goza durmindo ata as tantas. Eu non. Érgome cedo, preparo café e saio a camiñar. Ás veces levo a cámara. Gústame pousar a mirada en carreiros silenciosos e en estradas illadas que se cruzan. Tamén en sendeiros anegados de xeada que abren ronseis pola espesura do monte. Parar e observar. Seguir lendo Na fronteira

Máscaras

images (1)María Xesús Blanco. Ai, que sensación tan estraña os primeiros días! Baixando do autobús coas bocas tapadas e mantendo a fila coa distancia de seguridade. Despois nos pupitres das súas aulas, ben separados. E antes de entrar, o xel desinfectante. Os recreos nun patio dividido en espazos e sen poder compartir xogos con nenos e nenas doutros grupos. Así e todo, un bule bule nos dedos polo reencontro cos compañeiros da mesma idade. Os seus ollos transmitían unha mestura nerviosa de perplexidade e ledicia. Seguir lendo Máscaras

Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

CHAMAQUITO PISTOLAS E DOCTOR MIGRAÑAMaría Xesús Blanco. BINOMIO MUSICAL. Cando chego á Recoveira, Nando Pérez está sentado nunha mesa que mira á praza. A temperatura é suave e apetece o aperitivo. A Nando gústalle falar, pero tamén escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas oír. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migraña. Seguir lendo Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas