Arquivo da categoría: Ciencia

Historias de Selene

Lúa chea dende Compostela FOTo Carmen Docampo
Lúa chea dende Compostela FOTo Carmen Docampo

Jose Lires. A Lúa é un globo que se me escapou. Con esta cantarela, moitos nenos e nenas da miña xeración dabamos boa conta da merenda paponeando diante do televisor. O poema musicado de Gloria Fuertes coincide no tempo -estamos a falar dos anos 70 do século pasado- coa teoría científica máis aceptada sobre a orixe da Lúa. A metáfora, intencionada ou non, desvela a filiación do astro. Seguir lendo Historias de Selene

Imaxinar a paisaxe futura

As aves alegran os paseos FOTo CULLEREIRO
As aves alegran os paseos FOTo CULLEREIRO

Agustín Agra. Esta historia é curta. En pouco máis de cincocentas palabras, remata. Porén, se o amable lector dá chegado á derradeira, poderá escoller de que xeito continúa. A decisión será súa. O que ve unha persoa depende, segundo os psicólogos, do que está preparada para ver. Eu, en boa medida, descreo das palabras dos psicólogos. Seguir lendo Imaxinar a paisaxe futura

A vacina dos soños

la-vida-del-coronavirus-3-h-en-el-aire-2-3-dias-sobre-superficies-240661-1_768Antón Riveiro Coello. Escoitei os aplausos nas fiestras e erguinme axiña para ver o móbil desa euforia que madrugaba ás oito da mañá. Cando abrín o balcón e vin o estoupido unánime dos aplausos, acompañados de vivas e apupos, sospeitei que algo extraordinario ocorrera e prendín a radio. O locutor mudara a súa voz sensata por outra rouca que berraba o nome dunha muller á que lle había que dar, xa, o premio Nobel. Seguir lendo A vacina dos soños

Pipicán

Este servizo para mascotas está instalado nun aeroporto internacional
Este servizo para mascotas está instalado nun aeroporto internacional

Xulio Gutiérrez. «The times they are changin» (os tempos están cambiando) dicía o Premio Nobel de literatura Bob Dylan. As familias tamén. Cada vez hai máis familias con fillos caninos e menos familias con fillos humanos. Aquí van uns datos reveladores: no pasado ano 1919 estaban rexistrados en Galicia 470.468 cans e 323.433 persoas menores de 15 anos. Seguir lendo Pipicán