Antonio Piñeiro. Volve o noso prezado Che Tembra aos espazos públicos tras esta tempada de recollemento. Faino cunha mestura de obra recente e anterior, na sala vestíbulo do Auditorio de Rianxo, ata primeiros de abril. Entre as súas xa coñecidas escenas literarias, reivindicativas, retranqueiras, irónicas, mordaces, memorísticas e libertarias, veñen desta vez unha serie de pezas coma esta das calas nun floreiro. Daquelas xa quedara dito a súa cara achega á equipaxe cultural da Galiza e da bisbarra coa peculiar interpretación, por exemplo, de coñecidas (ou propias) viñetas, na bigornia do seu oficio; ou un compromiso social poucas veces tan explícito. Seguir lendo Cartuchos nun búcaro. Che Tembra
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño
Pilar Sampedro. O 30 de xaneiro, cando o calendario das Letras nos trouxo a Raimundo Patiño, un dos carteis de ilustradores que o celebraban era o de Alberto Díaz, un mozo que sen ser galego tiña conectado co mundo de Patiño na súa esencia ideolóxica e artística. El representa “O xuramento de Laracha” nunha imaxe bicolor desa noite cos catro mosqueteiros subidos aos cons pondalianos.
Conta a historia dun neno que coñece ese estraño creador e activista, que era Raimundo Patiño, a través dun tío pintor. E esta historia vai ser a que dea lugar ao cómic Bo tempo, na cuberta do cal vemos, de novo en bicolor Seguir lendo Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño
Historiador, poeta, pintor
Eme Cartea. Daquela exposición do verán de 2021 que pasou polo Centro Lustres Rivas de Ribeira —Estirpe de Poseidón II—, é este lenzo que hoxe nos convoca, entre a sorpresa e a fascinación. Sorpresa por descubrirmos un pintor dun inmenso fervor polo detalle e a meticulosidade austera; fascinación pola redondez e acabado da obra. Seguir lendo Historiador, poeta, pintor
Deber de Baltar
Pilar Sampedro. Deber de Baltar é unha exposición comisariada por Pepe Barro e inspirada no libro, Un señor elegante, de Suso de Toro. Seguir lendo Deber de Baltar