Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022

XuramentoLarachaPilar Sampedro. O Día da Ilustración forma parte das datas sinaladas no Calendario do Libro e da Lectura. Celébrase o 30 de xaneiro, conmemorando o nacemento de Castelao.

Cada ano, a consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a iniciativa en colaboración coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O obxectivo é  lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural ao tempo que se homenaxea, en cada ocasión, unha ilustradora ou ilustrador histórico galego. Seguir lendo Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022

Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas

victorPilar Sampedro. Hai libros que se saen dos límites prefixados; algo así pasa con Anacos de vida. Un libro de imaxes que, segundo David Rubín, “son máis de banda deseñada ca ilustracións en si mesmas, xa que están cheas de ritmo e narrativa”. Concordo con el porque cada lámina dá para poñer en marcha un relato, e tamén concordo coa editorial en que estas imaxes van acompañadas de pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares Seguir lendo Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas

Lola Sanz, en “Luarada”

O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska
O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska

Antonio Piñeiro. Alguén dixo que para falar de Lola Sanz hai que comezar con poesía. Foi a primeira impresión que me produciu esta súa obra, pendurada coa mostra que o grupo Galeoska está a presentar estes días na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira. Seguir lendo Lola Sanz, en “Luarada”

Ulises, centenario

1507-1Gonzalo Trasbach. O centenario da obra máis polémica e afamada de James Joyce, a monumental Ulises cumpre 100 anos o vindeiro 2 de febreiro. Con motivo do seu centenario os devotos e admiradores do xenio irlandés, poderemos celebrar a efeméride mercando a reedición que, ilustrada polo pintor Eduardo Arroyo (Madrid, 24 de febreiro 1937-14 outubro, 2018), Galaxia Gutenberg porá á venda o día 19. Paralelamente, a editorial Lumen publicará unha reedición da tradución que José María Valverde (1926-1996) fixera en 1976 para o mesmo selo. Seguir lendo Ulises, centenario