Arquivo da categoría: Oliveira Casal

Alén dos Barqueiros

anxomuin-os-ulin_1Oliveira Casal. Ás voltas anda no prelo a editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Seguir lendo Alén dos Barqueiros

Amor, filosofía e outros vicios

dieste1Oliveira Casal. Este luns, un compañeiro de traballo díxome que mercara por dous euros no mercadillo de Noia un exemplar, en envexable estado, de El alma y el espejo, de Rafael Dieste. Edición do ano oitenta e un, na colección Alianza Tres, da editorial homónima. Obra póstuma. Igual ao que conservo na miña biblioteca física. Veneración bibliófila kraheana. Escritos filosóficos nos que o rianxeiro se enfronta ao misterio da existencia. Quitando Dos arquivos do trasno e se acaso Historias e invenciones de Félix Muriel, Dieste é un ilustre descoñecido. Non digamos alén do país, nin falemos deste delicioso xeito de des-cifrar e des-velar. Seguir lendo Amor, filosofía e outros vicios