Arquivo da categoría: Miguel Mariño

Na morte de Michel Tournier

venresMiguel Mariño. Faleceu nestes días Michel Tournier, unha das grandes figuras da literatura francesa, morte que tivo pouco eco nos pobres medios xornalísticos que temos a desgraza de subvencionar. Importante como tradutor, comezou a publicar obras literarias propias cando xa pasaba dos corenta anos, pero axiña acadou lectores e prestixios nunha literatura que viña das novidades, ás veces complexas, do Nouveau Roman e que se sentiu máis cómoda na escrita mítica de Tournier. Gran Premio da Academia Francesa coa novela Venres ou os limbos do Pacífico (1967), que logo adaptou para mozos co título Venres ou a vida salvaxe, que traduciu moi ben ao galego Gustavo Luca de Tena para a colección Xabarín de Xerais (1987), reeditada por vez primeira en 1993 e que agora circula de novo. Seguir lendo Na morte de Michel Tournier

Lembranza de Max Aub, poeta

aub 1Miguel Mariño. Nacido en París en 1903, de pai alemán, foi español porque quixo selo, pois aquí vivía xa en 1914. E merecía mellor sorte, pois este país tratou moi mal a este gran escritor e botouno ao exilio. Ademais o seu partido, o PSOE, expulsouno como militante nos anos corenta, expulsión que foi un froito envelenado das liortas cainitas entre “prietistas” e partidarios de Negrín; só lle foi devolta a militancia cando levaba máis de trinta anos morto. Aínda que cultivou todos os xéneros literarios (poesía, novela, teatro, contos, microrrelatos, ensaios, historias da literatura) é apreciado sobre todo como narrador e dramaturgo e pouco como poeta. Seguir lendo Lembranza de Max Aub, poeta

Na morte de Carlos Sahagún

Carlos-SahagúnMiguel Mariño. Non fixemos moita xustiza aos poetas casteláns nacidos nos anos trinta, a uns por “comprometidos” (Mª Elvira Lacaci, ferrolá) e a outros por falta de “ruído”, quizais porque a sombra de Valente é moi poderosa e a presenza de Claudio Rodríguez e Francisco Brines serviu de desculpa para esquecer outros nomes: Manuel Mantero, Aquilino Duque, Mariano Roldán…, e Carlos Sahagún, recentemente falecido e despedido en <El País> por José-Carlos Mainer e Elsa López. Nacido en Onil, Alicante, en 1938, catedrático de literatura, gañara o Premio Adonais con Profesías del agua (1958) e o Premio Boscán con Como si hubiera muerto un niño (1961), quizais a súa obra mestra, pero sen negar o valor de Estar contigo (1973) e Memorial de la noche (1976). Seguir lendo Na morte de Carlos Sahagún

Policial italiano

breve historiaMiguel Mariño. Cando pensamos no “policial” italiano, sexan cales sexan as características exactas deste xénero narrativo, pensamos, sobre todo, en Andrea Camillieri, o máis famosos nestes anos, pero hai, e houbo, máis vida no policial italiano, xénero que nese país coñecen como “giallo” pola cor da colección policial da editorial Mondadori de Milán, da colección pasou ao xénero, un xénero moi desprezado pola crítica “seria” até ben entrados os anos sesenta, se excluímos a Recupito e Santucci e o artigo precursos de Sorani en <Pegaso> en 1930, que estudaba o xénero a partir de Conan Doyle. Tivo que chegar un crítico académico, especialista na novela picaresca española e bo lector de Chandler, Alberto del monte, que publicará en Bari a súa Breve storia del romanzo poliziesco, axiña traducida por Florentino Pérez para Taurus, en 1962. Seguir lendo Policial italiano