Arquivos da categoría Francisco Ant. Vidal Blanco

Os ratos

ratonesFrancisco Ant. Vidal Blanco. Unha desas persoas que non soporta a modificación ou adaptación ós novos tempos das antigas obras e dos vellos costumes que o paso dos anos vai volvendo obsoletos é a tía (solteirona por testana) da miña amiga Xoana Salgueiro. Cando a anciá soubo que a sobriña, tras aprobar unhas oposicións, se ía a vivir co seu mozo Continue reading Os ratos

Abandono

Courel (111)Francisco Ant. Vidal Blanco. Procurando paisaxes onde combinar a tranquilidade que se precisa e a seguridade que se necesita, aló fomos por eses camiños adaptados ás isoipsas do terreo; por lugares onde a pegada humana hai anos que deixou de ser cotiá para permitirlle ás herbas abrollar no medio dos vieiros. De cando en vez unha ave ou un cuadrúpede cruza diante de nós espantado ante a presencia humana. Continue reading Abandono

Ollos divinos

ollo1Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando a esposa do bo Shiva se lle acercou por detrás para pecharlle os ollos bromeando (quen son eu?), o sol apagouse, e entón el fixo nacer un terceiro ollo na fronte, co que podía velo todo a través do tempo, entender o pasado e prever o futuro, representado na actualidade con esa especie de lunar que os seus devotos portan no lugar “onde reside a sabedoría”, para retela. Entre nós comparamos o prezo ou a carestía das cousas co valor dun ollo da cara, e non é para menos, pero, canto custa este? Continue reading Ollos divinos