Arquivo da categoría: Alberto Piñeiro

Un barbancés na Gran Sabana (VII)

cap 7aAlberto Piñeiro. Rematado o xantar, Silverio, que chegara a Valle de la Pascua había máis de tres décadas procedente de Aveiro, amosoume un tríptico turístico do fronteirizo estado brasileiro. Nel aparecían fotografías e descricións dalgúns dos lugares máis atractivos para o visitante: a illa de Maracá, o monte Caburaí, o lago Caracaranã, a cachoeira de Urucá, o impresionante tepui Roraima ou a Pedra Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (VII)

Un barbancés na Gran Sabana (VI)

cap 6aAlberto Piñeiro. Aquela mañá dominical, despois de termos cumprido coa axenda de Teodoro, quixo a casualidade que nos atopásemos na Praza Bolívar de Santa Elena a Silverio, un veciño de meu sogro de ascendencia portuguesa que rexenta un restaurante en Valle de la Pascua, e que chegara á cidade na procura dun terreo que mercar, onde erguer un negocio e instalarse, fuxindo quizais da violencia que alaga o país. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (VI)

Un barbancés na Gran Sabana (V)

cap 5aAlberto Piñeiro. Despedinme de Jackson cun hipócrita e sorridente “encantado de coñecerte” antes de darlle tempo a descifrar a miña resposta; comenteilles a Luis e Teodoro que ía pasear un intre polo xardín e afasteime da cafetaría ollando a saída da lúa polo horizonte, lembrando cando na Lomba agardaba trala fiestra do despacho a súa aparición sobre o Castro Barbudo. E sentín que tiña morriña. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (V)

Un barbancés na Gran Sabana (IV)

cap 4aAlberto Piñeiro. Coa lembranza material de máis artesanía indíxena que mercamos ao baixar as escaleiras que conducen á valgada, e a inmaterial do son da auga ao fluír sobre a alfombra vermella de cuarzo e sílice, da música das aves cantoras nas copas mexidas polo vento, do verde polícromo da selva frondosa, do arreguizo ao andar entre as sombras do bosque húmido, do ar sucado por bolboretas Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (IV)