Arquivo da categoría: Cine

O artista da fame, de Kafka

71k6b0KMKCLCésar Alen. Nos últimos anos descendeu moito o interese polos xaxunadores. Non é unha frase miña, senón o comezo do conto de Franz Kafka. Un relato desasosegado, impactante, pero absolutamente recoñecible, é dicir, kafkiano. Xa é un mérito en si mesmo, acuñar un cualificativo que defina unha obra. Quizais a obra non sexa do todo coñecida, pero si unha remota resonancia de algo que quizais queira dicir… non sei, o que todos cremos que quere dicir; en realidade non fai falla definilo, resultaría redundante. O certo é que descubrín este relato xunto ao do Artista do trapecio, ao fondo dunha edición de Bruguera da coñecida Metamorfose. Seguir lendo O artista da fame, de Kafka

Urxente

imagesIgnacio Castro Rey. Non somos racistas, pero hai que recoñecer que EEUU, na imaxe que nos brinda Moore, ponnos a proba. Fahrenheit 11/9, o último dos seus documentais, roza o tétrico. Moi triste ás veces, gracioso e provocador noutros momentos, intelixente e emotivo case sempre, fai que saiamos da sala co corazón nun puño. Na súa potencia arrepiante, esta vez non vemos a demagoxia. Si, o peor pode ocorrer entre nós. A aproximación que o autor de Roger & me e Bowling for Columbine fai ao complexo fenómeno chamado Donald Trump achégase agora, cun uso moi efectivo da cadencia sonora e visual, ao xénero de terror. Seguir lendo Urxente

Happy End

happy-end1-223x300Ignacio Castro Rey. Vomitiva á maneira de Thesquare, no “inquietante”. E politicamente funesta, pois Happy End (M. Haneke, 2017) é dogmática no seu nihilismo, facendo un uso sistematicamente perverso das nosas perversións, até agora parciais. Haneke eríxese en xestor da nosa parálise, por iso resulta adorábel nos círculos intelectuais. Á saída da película, a elite europea séntese un pouco mellor, pois ten localizado o mal e ademais está fóra dela, xa que se atreve a nomeala. Todas as longametraxes que lembramos del (Haneke) debuxan o conforto do inferno, ao menos para os que o miramos en panorámica de turista. Seguir lendo Happy End