Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela

Suso de Toro1 (1)Pilar Sampedro. Suso de Toro pode ser, ao meu entender, o máis aproximado á imaxe do intelectual critico e comprometido do noso país. Conserva íntegra a disposición a ilusionarse cada vez que descobre unha personalidade fóra do normal, unha idea valiosa ou unha iniciativa poderosa. Seguir lendo Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela →

Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas

OxeitodasfroitasPilar Sampedro. Hai libros necesarios aínda que en principio non semellen excelentes, ou puideramos pensar que son obras menores. Vén a conto, repasando unha novela infantil de María Reimóndez, O xeito das froitas, publicada en Oqueleo. Levoume a revisalo unha personaxe principal moi interesante: unha nena de carácter forte e conviccións seguras, que anda entre a consideración de teimuda ou simplemente dotada de autoestima. Unha desas personaxes ás que nos imos acostumando, que racha os estereotipos de xénero, con ideas propias e orixinais sobre case todo, que se asenta na igualdade e os dereitos, pero tamén nas obrigas, porque é empática e solidaria. Seguir lendo Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas →

Cartas a unha lectora, a un lector (IX)

background of library book shelfPilar Sampedro. Lois Diéguez de Monforte escribe a mensaxe do 2016. Nela reivindica mirar as estrelas. Ler nese firmamento, no que semella que Manuel María se converteu nunha estrela de cor vermella, que acompaña á azul Venus. Di que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía descifrar.

Manuel Veiga, tamén de Monforte, faino no 2013. Conta como “arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao) Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (IX) →