Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

A sindrome de BergeracPilar Sampedro. Sucede, ás veces, onde menos o esperas, aparece unha achega interesante. Ler A síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica levoume a pensar nesas experiencias teatrais que teñen lugar nas escolas, tanto en primaria como en secundaria. Prácticas teatrais que escritores tan recoñecidos como Fina Casalderrey (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola) ou Xosé Agrelo (O xogo dramático (de, con, por, para nenos)) puxeron por escrito, para axudar os compañeiros e compañeiras a traballar co texto dramático e levalo á escena. Pensaba nos esforzos por levar o teatro ás aulas e a representación das obras ao contexto social que rodea o centro educativo. Seguir lendo Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro →

H2…Oh!!! Pingas científicas

H2 OhhhPilar Sampedro. Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia. Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: “Sabías que os  cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo”.     Seguir lendo H2…Oh!!! Pingas científicas →