Arquivos da categoría César Alen

Sobres as lendas (I)

lendas1César Alen. Non lembro, non teño certeza de acceder a ningunha lenda ou mitoloxía, nin sequera contos na miña infancia. Quitando, está claro, os estritamente  educacionais, catequísticos. Os que se utilizaban para dobregarnos, para tentar reconducir as condutas infantís, as  innatas propensións á rebelión. O home do saco viría buscarnos se non obedeciamos cegamente aos pais, o saca manteigas, e que dicir da patética santa compaña, só tolerable nunha Galicia atrasada e absurda. Continue reading Sobres as lendas (I)

A literatura como arma política

tumblr_lm75ngLsA31qaz05ko1_500César Alen. A literatura non sempre é inocente. Foron moitos os movementos políticos que utilizaron a teoría literaria para os seus propios fins. Iso demostra o poder que alberga o feito literario. Pode ser un perfecto medio para alcanzar calquera fin. Sobre este uso da literatura houbo infinidade de teorías, de estudos,  todo tipo de enfoques.  Continue reading A literatura como arma política

Tras os pasos de Cunqueiro

9788498657159César Alen. Corría o ano 79 do século pasado. Con todo, o que podería parecer unha laxa, para min supón unha perspectiva histórica amplísima. Que riqueza vivir. Un día de calor deambulaba entre as agrestes e secretas calas menorquinas. Era tal a calor que decidín refuxiarme da calima nunha fresca biblioteca de Mahón. Rebusquei distraidamente ata que dei cun paisano ilustre; don Álvaro Cunqueiro. Entre varias das súas obras, elixín por intuición As crónicas do Sochantre. Senteime a unha prudente distancia da luz cegadora que asomaba por unha gran ventá. Adaptei os meus mozos e ávidos ollos á agradecida penumbra. O libro foi envolvendo coa súa rica linguaxe coa incrible descrición de escenarios que me lembraban os ciclos artúricos. Continue reading Tras os pasos de Cunqueiro

Fariña e a filoloxía

fotonoticia_20180315142022_800César Alen. Toda novela ten múltiples lecturas, diversos enfoques, e todos igual de lexítimos. En certo xeito, é o propio lector quen acaba dando o significado definitivo ao texto (como ben apuntou o filólogo e lingüista francés Roland Bhartes). A novela Fariña, máis que unha novela é un ensaio xornalístico, ata podería pasar por un libro de historia contemporánea. O seu autor Nacho Carretero fixo un espectacular traballo de recompilación de información. Non escatimou no seu esforzo para indagar nas hemerotecas e sobre todo nos xulgados. Non esquezamos que a maioría dos datos que enchen o libro foron publicados e son de dominio público. Por iso non entendo ese ataque frontal contra o libro. Continue reading Fariña e a filoloxía