Marina Losada Vicente. Hai historias que necesitan algo de tempo para contalas -esta é unha delas-, mais eu quero facelo en curto, co que me limitarei a uns feitos que, ocorridos na mesma semana, son tres botóns no amplo mostrario, de igual calado, que ten a Esperanza-Caridade Seguir lendo Para mostra, tres botóns…
Arquivo da categoría: Narrativa
O enterro do señor Manuel
María Nieves Palanca González. Ninguén se decatou da súa falta. O señor Manuel non foi cear. Descansaba ou morría estarricado no chan do sollado coa ripa do millo na man. Amadora, a cuñada, muller de rosario cotián, chamou o cura axiña por mor de darlle a unción antes do último bafexo, non fose morrer en pecado, Deus non o quixese. Seguir lendo O enterro do señor Manuel
O pesadelo de TKK
Gonzalo Trasbach. Toniño Kastañón Kabazadebola e Oliva de Javiolongo casaron novos: tiñan vinte e dezaseis anos, respectivamente. KK, como lle chamaban os máis achegados, deixara preñada á moza cando esta era menor de idade. Ao saber do embarazo, el negouse a casar. Pero diante da presión da familia, sobre todo por parte de súa vella naiciña, finalmente accedeu a contraer matrimonio coa rapaza. Seguir lendo O pesadelo de TKK
Dos Diarios de Chirbes
Fidel Vidal. Deste libro (Rafael Chirbes, Diarios. A ratos libres 1 y 2, Anagrama, 2021) montado sobre apuntamentos escritos en diferentes cadernos, que nos mergulla nalgúns capítulos máis escabrosos e sórdidos da súa vida, só vou subliñar varios comentarios que fai sobre obras de autores españois. Para Chirbes, o silencio non é nada se non é “unha pausa entre dous sons. É a nada” (p. 258). Por iso necesita manter o motor en marcha, sexa lendo -estamos diante dun home apaixonado da lectura- e mesmo da escritura, que tanto lle custa. Seguir lendo Dos Diarios de Chirbes