Arquivo da categoría: Mauricia Ces Quintáns

Morte súbita

pasear-a-un-perro-sin-correa-696x464Mauricia Ces Quintáns. Inverno. Nubeiros, sol e chuvascos intermitentes. Día do señor do ano cal, domingo. É mester cumprir co obrigado precepto eclesiástico normativo. Despois do aseo matinal, trala coidadosa elección da vestimenta e o calzado adecuados ademais dos correspondentes adobíos, sae da casa coa gabardina e o paraugas aberto. Son as 11,15. Chuvisca. Seguir lendo Morte súbita

O libro das profecías. “Asa de cántaro”

berza-asa-de-cantaroMauricia Ces Quintáns. — Un día fun á leira do Pedroso, na que entesta o cachón de Lela das Piñas. E, miña filla, quedei… parva! Quedei atónita!! Mi madriña!!! Unhas coles! Pero unhas coles!! Grandísimas!!! Máis altas ca min!! Unhas coles tremendas!!! Chámanlles… como lles chaman… cántaro, de cántaro!

— De asa de cántaro.

— Si, iso! De asa de cántaro, díxomo túa prima Xoana. Unhas follas grandísimas! Seguir lendo O libro das profecías. “Asa de cántaro”

Un anxo

32782822-alas-del-ángel-y-un-halo-aislado-en-blanco-Mauricia Ces Quintáns. Hai bastantes anos, bastantes. Daquela as oficinas estaban arriba. Tres mesas á esquerda a todo o longo e unha cara ao fondo, ao lado da ventá. Non sei o que demandaba a rapaza, non é importante. En realidade, non é nada importante, nada extraordinario. Iso, precisamente, é o extraordinario. Eu, na mesa primeira, á esquerda, entrando, ao lado da parede. Os compañeiros ao seu. Mentres a atendía, entrou Iago. Outro compañeiro. Seguir lendo Un anxo

Ruina montium

O fío de Ariadna Mauricia CesMauricia Ces Quintáns. Atrás queda o verán, coa súa calor… As hostes non marcharon. Os romanos seguen inesgotables na procura do ouro dentro da terra. As negras cordilleiras que percorren a chaira dan testemuño vivo da súa afanosa industria. Medulas antigas salpican o solo furado das montañas; abandonadas entre a vexetación, apuntan ao ceo, ás veces azul, ás veces gris, do outono os cumios isósceles Seguir lendo Ruina montium