Mauricia Ces Quintáns. Chegou o momento: había que pintar arriba. A casa levaba anos case deshabitada. Só nas reunións familiares con ocasión das festas máis sinaladas volvía encherse como antes; e as habitacións, deshabitadas a maior parte do ano, precisaban unha man de pintura.
A esa conclusión definitiva chegou a dona tras considerar que os poucos euros que conseguiu furtar a outros gastos, que non aforros, debía investilos nesa necesidade. As raspaduras, fendas e humidades sinalaban o mapamundi de desatención nas paredes cubertas de anos e de esquecemento. Seguir lendo Ideas brillantes