Animaliños expía

BY18P1F1_23243Francisco Ant. Vidal Blanco. Vivimos nunha desconfianza permanente, sempre mirando para o do lado e tratando de prever as súas intencións, convertendo o feito máis inocente na maior das maldades. Así se inventou o mal de ollo e o mal do aire con todas as súas variantes. E desde que a electrónica en miniatura pode poñer unha cámara no orxal dunha camisa ou un micrófono no lombo dunha cascuda, andamos coa mosca tras da orella, alertados e receosos co moderno mal das redes sociais para non acabar nos estrados dun tribunal ou no plató dunha televisión por pulsar unha tecla inadecuada.

Estoutro día case saltan as alarmas diplomáticas en Noruega, porque a alguén se lle ocorreu colocar unhas cámaras subacuáticas no lombo dunhas baleas e os mal pensados (pois ben podían supoñer que eran para estudar o tipo de medio mariño preferido por estas) deron en acusalas de espías, a elas que, ó contrario do que nesta profesión se estila, levaban o nome e a identidade marcada nos aparellos de espionaxe.

A verdade é que non sería a primeira vez que se usan animais nas intervencións militares, desde as inocentes pombiñas que xa desde os tempos dos cruzados ata as tecnolóxicas guerras do século XX levaban mensaxes secretas dunhas cidades a outras, ata os cans de presa empregados como avanzada nas guerras da antigüidade; os gatos expías que a CIA levou a fama de usar para portar micrófonos dentro das embaixadas rusas, e o macabro adestramento de golfiños para detectar e explotar minas subacuáticas sen dor pola súa vida, ou as pragas provocadas por medio do escaravello da pataca, de que se culpou ós alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, soltados nas pataqueiras dos Países Baixos, que abastecían ás bases americanas.

Hai quen, baseándose niso de «pensa mal e acertarás», desconfía de que a velutina, a psila dos cítricos, o picudo das palmeiras ou a peste das nosas patacas están provocadas por potencias agrícolas estranxeiras para introducir os seus produtos no noso mercado.

Con isto da desconfianza e da maldade disimulada cos máis inofensivos bechos, contáronme a traxedia acontecida durante as guerras napoleónicas na costa inglesa, cando un navío francés foi atacado, afundindo e destruído todo resto del que chegase á mallante. As tropas británicas percorreron cantís e areeiros para que non quedase ningún inimigo para contalo. Pero escapóuselles un moniño vestido cun ridículo uniforme de mariño que o seu finado amo lle confeccionara, e máis asustado que liberado, chegou á praia, e fuxindo do balbordo procurou acubillo nas árbores do entorno da cidade de Hatlerpool.

O animaliño, nunca visto por aqueles lares, chamou a atención dos nativos que escoitaban os seus inocentes chíos e alguén, non moi doto en linguas e menos en fisionomías, tal vez influenciado pola propaganda xenófoba que lle outorgaba ós franceses unha fealdade inenarrable, asegurou que era un espía, e sinalando o uniforme como proba irrefutable, toda a veciñanza se afanou en darlle caza e logo, tras un xuízo sumario no que o animaliño non achou as palabras adecuadas para defenderse, foi acusado de espionaxe e condenado á forca nun patíbulo levantado na mesma praia.

A tempo pasado todos estes asuntos parecen absurdos, pero o medo é humano e a desconfianza tamén.

3 comentarios en “Animaliños expía

  1. Francisco: Me ha gustado tu narrativa, aunque leída con cierta tristeza debido a la mala suerte de o pobre “espía” que sen comer nin beber…O mandaron ao patíbulo”. E todo por mor dun uniforme.

    No parecen absurdos esos asuntos que nos expones. Actualmente la gente, está mucho más preparada para entender, incluso, aquellos asuntos más inverosímiles.

    El miedo es humano, por eso nos hace creer lo peor. La desconfianza: una señal de miedo. ¿Lo mejor? Ponernos a buen recaudo siempre que podamos.

    ¡Ah!, y ¡ojo! con esas chaquetas, estilo militar, que tan de moda están ahora: no nos vaya a pasar como al mono y nos hagan “subir al tablado”.

    Saludos desde mi querida Palmeira.

  2. Y no te olvides de la paloma que avisaba a Noé con las hojas de olivo en el pico para mostrarle a que altura estaban las aguas.

    Me ha parecido enternecedora y triste la historia del pequeño primate. Ya ves, los seres primarios fueron los otros, que con su comportamiento fueron todo lo inteligentes que les permitió su absoluta falta de inteligencia.

    Un placer, querido vecino.
    Besiños desde nuestra Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *