Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

francocodigonuevo-930x600Román Arén. Os que vivimos no franquismo temos lido e oído os panexiristas de Franco cualificalo de “centinela de Occidente”, “Caudillo”, “espada que venció al comunismo” e ata que era gran cazador e pescador, pero o do sorriso de Francisco Franco logra aínda deixarnos abraiados. Pero non debía ser así entre 1936 e 1945, xa que os seus poetas turiferarios tiñan moi presente este sorriso. Revisando a Historia social de la literatura española, de Blanco Aguinaga, Rodríguez Puértolas e Luis Zavala, que Torrente Ballester chamaba “historia estalinista da literatura” porque non lle gustaba o que se dicía del, atopo uns versos de Manuel de Góngora y Ayustante (1889-1953):

“Y frente al agrio gesto de tu hoz y tu martillo,/la generosa y franca sonrisa del Caudillo”.

Os versos proceden do poemario Dolor y resplandor de España (1940). Manuel de Góngora tivo certo éxito como dramaturgo, autor de zarzuelas e comedias como La razón del silencio (1933) ou La mujer de aquella noche (1932), mentres que como poeta foi un romántico serodio (Polvo de siglos, 1912). Pero o do sorriso de Franco non foi unha invención del, pois estaba xa en Manuel Machado:

“¡La sonrisa de Franco resplandece!”

E tamén en Eduardo Marquina:

Los días heroicos/de los heroísmos singulares pasan/y en esa otra ya histórica sonrisa/franca,/en la sonrisa del Caudillo clara,/en aquel humanismo de la viril sonrisa/con que ecuánime Franco de luz a las batallas…”.

Nisto do sorriso de Franco non pode un deixar de lembrar a copla que Emilio Romero aplicaba a Leopoldo Calvo Sotelo:

En tres cosas te pareces/a la estatua de Colón:/en tu cara, en tus gestos/y en tu conversación.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco

  1. Apreciadísimo Román; ya sabes que autores de panegíricos como san Dámaso hay muchos, siempre a favor de sus intereses.
    Había un marqués llamado Pedro Valdivia que tenía un criado muy servil, todo lo que decía el amo, era perfecto para el lacayo. Un día Valdivia le dijo: ” La conjución máxima de Júpiter y Saturno se verifica cuando se juntan en signo de trígono ígneo, después de haber salido del trígono ácuo, que sucede cada novecientos años…”
    Y el servil criado le contestó : “Siempre lo había sospechado, señor”.

    Cariñosos saludos, Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *