Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

rojas zorrillaRomán Arén. Nacido en 1607, é famoso polos dramas en que trata o tema do honor como Del rey abajo, ninguno (1640), pero tamén por comedias como Entre bobos anda el juego (1637); polos autos sacramentais, polos dramas relixiosos como La viña de Nabot; escribiu máis de setenta pezas. Toledano, de orixe conversa, morreu en Madrid en 1648. En 1645, malia as orixes xudías, logrou ser Cabaleiro de Santiago. Na súa peza El catalán de Serrallonga y bando de Barcelona (ca. 1635) ironiza sobre a falta de lealdade dos galegos, no diálogo entre Serrallonga e o “gracioso” Alcaraván:

Serrallonga: ¿Tendrás ánimo?

Alcaraván: Sí tengo.

Serrallonga: Para ir…

Alcaraván: Doime por ido.

Serrallonga: ¡Qué leal!

Alcaraván: Nací gallego.

Serrallonga: A Barcelona.

Alcaraván: Esto es hecho.

Sucios, descalzos, de pés grandes, desleais, de orixe grega, con mulleres feas e pouco honradas, así nos vían.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

  1. ¡ Qué desilusión ! Con lo que yo quería a Zorrilla. Seguro que las gabachas serían más de su preferencia que las gallegas porque se daba unas juergas con Alejandro Dumas en compañía de las refinadas francesitas…
    Un poco de sinceridad puede ser beneficioso, pero una gran carga de ella, siempre es letal porque, la sinceridad es el pasaporte de la mala educación.
    Pero, de todas maneras, habrá que perdonárselo “por ser vos, quien sois”

    Saludos palmeiráns, apreciado Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *