40-39 40-41

31938655Marina Losada Vicente. Nunca tivera uns zapatos de tanto confort e deseño. Nunca tivera un calzado de última xeración. Fixo falta un desconto do 70%, certo, pero eran seus. Cada día que os poñía lembraba o sorriso medio burlón da dependenta cando ela pasou por caixa. Entendeu que era de desprezo, algo parecido lle pasara en tendas dese nivel. Non era subxectivo, mesmo téñenllo dito na cara: “pode que esta tenda non sexa axeitada para vostede”. Unha vez porque pedira unha talla máis acorde co seu corpo e outra porque o prezo lle parecera algo demasiado. Incluso un día, que entrou para facer unha encarga dun amigo que só vestía de marca, e antes de abrir a boca, a dependenta xa lle preguntou se non se confundiría de tenda porque, era evidente, Teresa de marcas non era. Tampouco axudaba que falase galego, pero ese non é o tema que lle rolda pola cabeza.

            Metéuselle unha pedriña no tacón. Sentou nun banco no parque para sacala. Co zapato na man, admirou o ben que se conservaba, a pesar do uso. Sorprendeuna o debuxo central da sola, unha estrela e algo parecido a un cacto. Abraiábaa en especial a marca, chegando a pasar un dedo polo seu relevo. Debaixo, o perfil dun home en canoa e a numeración 40-39.

            Sacou o outro zapato polo pracer de telos os dous na man. Un búfalo gravado na pel ilusionaba que a marca fose americana, aínda que ela sabía que era da Rioja porque, de tanto que se prendou do calzado, mirara en internet. Acompañando o perfil do home en canoa, a numeración 40-41 fixo que entendese mellor o sorriso da dependenta.

 

4 comentarios en “40-39 40-41

  1. Moi bo o relato dos zapatos.
    A min pasoume nunha tenda de moito renombre a nivel internacional un detalle que non me gustou cunha dependienta. Cheguei e díxenlle á moza:
    -Boas tardes. Peso 67 quilos e necesito roupa de verán. ¿Teredes algo que me poida valer?
    A vendedora miroume de arriba a abaixo con cara de asco e respondeu:
    – “La talla más grande que tenemos es la 46 y seguro que a ti no te sirve”
    Nesto que chega miña sobriña cunha chea de prendas para que as probara e salín de alí con roupa para o verán.
    ESTÁ VISTO QUE HAI XENTE TRABALLANDO QUE NON SABE NIN TRATAR Á CLIENTELA
    Un saúdo de Susana

    1. Boa noite. Supoño que hai un pouso de clacismo en toda persoa. Sentirse superior pode ser unha ferramenta de seguridade diante dos demais, que oculte o “ningurizadas” que nos podemos atopar, mesmo nun posto de traballo. Se o mezclamos cun chisco de mala educación, ou de mal humor… Saúdos, Susana.

  2. Boa tarde: Si, vin a película; pero tendo como teño as imaxes reais desta historia, non me acordei dela no momento de escribir a ficción de hoxe. No relato sumo varios episodios de desaires por parte de empregados ou empregadas hacia quen non é do seu gusto. Para min que o menosprezo dinos máis de quen o practica que de quen o recibe. E aínda que á protagonista lle meteran un gol, a verdade é que disfrutou dos zapatos mentras non soubo da tara. E aínda despois, pois xa eran parte do seu roupeiro. Bicos, Magdalena.

  3. Querida Marina:
    Seguro que has visto aquella romántica película llamada Pretty Woman y escuchado la maravillosa homónima canción en la voz de Roy Orbison en su parte sonora. Ahora al leerte me acordé de aquellas vulgares dependientas de boutique de lujo que tampoco querían atender a la protagonista (Julia Roberts) porque no la consideraban lo bastante selecta como para tenerla como cliente. Si la has visto recordarás la lección que recibieron cuando Edward Lewis, ( Richard Gere ) supo como la habían despreciado.

    “pode que esta tenda non sexa axeitada para vostede”, le dijeron seguramente a Teresa con gran prosopopeya al tiempo que le repartían con esas palabras sonrisas diabéticas para que el insulto pudiera hacer mella en su sicología.

    Muy listas, las muchachas de la tienda a la que acudió Teresa a comprarse esos zapatos; su inteligencia… Pero bueno, para qué hablar de cosas irreales, ¿ verdad ? se palpa que su inteligencia brilla por la ausencia.

    Queridísima Marina, moitos cariñiños desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *