“Tertulia gatuna”

6ae01911f73ffb0e0abe9bf17d841f77Domingo Regueira. O mundo está que bota por fóra de indoutos, parvos, egocéntricos, trampantollos e trileiros.

A pandemia idiotízante invade vilas e cidades e ninguén lle escapa aos seus garfos.

Din que as cacholas ocas non pensan nin lles molestan os ruídos. O seu subconsciente só atende as imposturas e consignas do sistema mediático.

As poutas da besta lanzan resonancias magnéticas contra os desvalixados melóns da mansedume que, aireando os sobacos, saltan á rúa a modo de agraciados emprendendo a danza da muiñeira.

Os necios que compoñen a soberanía popular ou nacional —que son a maioría—, presumen sen vergonza ningunha de elixiren esta caldeirada de políticos e de manteren este algueirado sistema.

María…! A onde vas con tanta présa?

A perruquería, que mañá hai que ir votar.

Logo, na noite do aburrido e fraudulento escrutinio, coa copiña de xerez ao lado, buscan “Mi casa es tuya”, de Bertín. E veña pipas e suspiros.

María…! Quen gañou, que eu non entendo nada? –pregunta a veciña pola ventá da cociña.

Os de sempre, o IBES 35! —contesta a outra sen deixar de triscar nas pipas.

As ondas idiotizantes da tele resecan as neuronas e producen estrinximento cognitivo, deixando a cachola coma un faiado.

Con este bagaxe intelectual os afectados, tocando as cunchas, acaban extraviados polos montes, abrazando eucaliptos e dándolle bicos á factura do fantasma da “Comercializadora regulada”.

Son as nano-armas que están desbaratando a humanidade sen que esta o perciba. E, mentres, os mutilados mentais, entupidos de antidepresivos xenéricos, seguen enchendo prazas e rúas ao ritmo dos cabezudos.

Polos areais caribeños con gafas de espello, babean entre palmeiras os voitres financeiros, executivos emonopolistas do TTIP, na procura das tostadas ninfas, para ghomitarlles na tira dos tangas. Son os novos orgasmos das depravadas elites.

A desfeita que anuncia o servizo de intelixencia da CIA, “Daegel”, sobre a mingua demográfica que traman para o planeta, xa hai tempo que comezou, sen que os esponxiformes se decaten.

Moitos aínda exclaman:

E se nos matan a todos, quen lles vai comprar as cousas!?

E para que as queren vender se lles sobra de todo —contestan outros.

Campos cheos, concertos abarrotados, manifestacións a millóns, trens cargados, avións repletos, transatlánticos atestados, oficinas de emprego a tope, rebaixas a empuxóns, autopistas atascadas e praias a rebordar… Pra que che vou contar!

E aínda hai quen di que debemos fecundar!

Para que? Agora, en vez de fillos, o que tes é parados, camareiros, cociñeiros, “miramóbiles” e mariscadores furtivos.

E, mentres, os catro gatos que baixo o luar contaban estes contos partíanse de risa.

 

4 comentarios en ““Tertulia gatuna”

  1. Negro…, demasiado negro ves el porvenir (y el presente), querido Mingucho. Y el caso es que tienes fundada razón… Menos mal que a tus presagios les insuflas esa chispa de humor que los hace un poquito menos pesimistas y hasta te hacen reír y sonreír.
    Me había prometido olvidarme del ordenador hasta pasadas las fiestas navideñas. Pero Magdalena, vuestra fantástica e incombustible comentarista, me ha dado el toque de que dos paisanos habían dejado su huella en Barbantia y ¿quién podía resistirse a hacer acto de presencia aunque sólo sea con la intención de desearos lo mejor para el 2020?
    En cuanto a las “ondas idiotizantes”, no dispongo de tiempo para que lleguen a resecarme el cerebro. Pero lo de andar extraviada por los montes… Precisamente acabo de contarle al amigo Francisco Vidal lo mucho que disfruté deambulando por la sierra madrileña. Y, para colmo, nos pilló la noche y resultó mucho más emocionante.
    Son las tres de la madrugada y mañana he de madrugar. Estoy con Magdalena en que debes aparecer con más asiduidad por Barbantia, a pesar de las trabas. Tus artículos son fantásticos, aunque tengan que pasar por la censura.
    Repito mis buenos deseos para el 2020.
    Bonitiños sonos.

    1. Apreciada Mari Carmen:

      É para min un pracer recibir opinións tan cariñosas das miñ@as notables veciñas eloxiando os febrís contos, produto da carencia de nitróxeno nas miñas enmarañadas neuronas, vítimas do tóxico ozono da marea baixa que nos fai levantan da hamaca —como di Magda—, e aireando as axilas, —sen vergoña algunha—, nos lanzamos a exhibir estas paupérrimas e inocentes clarividencias.

      Unha aperta estimada Mari, e que o 2020 che manteña con esa lucidez.

  2. Admirada Magda:
    Cada vez me deixas máis parvo cos teus comentarios a cantos relatos aparecen nesta sesión Café Barbantia.

    As percepcións gatunas, non obedecen a miña mediocre capacidade intelectual, e menos valorar e xulgar a capacidade cognitiva e reflexiva desa marea humana —poño por caso—, a que gobiada se achega a Vigo en padiolas, dornas, racús, autobuses e trens, para ver o universo de Abel.

    O feito de non aparecer máis nestes “saraos” literarios, é culpa do Sr. “Censor”, que como bo amigo, deixa en adobo os meus relatos, a fin de que non me deteñan pola lei mordaza,

    Recibe unha aperta amiga e veciña deste que tanto che estima.
    Feliz Ano.

  3. ¡ Ay, querido Mingucho, creo que eres con el único pesimista con el que me rio a mandíbula batiente ! Después de leerte, por poco me dejas casi en trance.Todos los genios son estrafalarios y de ti, no se puede decir lo contrario; eres estrafalario, pero un genio. A veces creo que tu idea del nirvana, es la armonía suprema de hallarte en una tumbona a la sombra escuchando al viento y al mar juntando sus voces; todo lo demás sobra para ti.
    Bueno noso Mingucho, ya sabes que pocas veces estoy de acuerdo contigo, pero en parte tengo que dar mi brazo a torcer y decirte que a veces llevas razón en ciertas cosas, pero aunque tengamos diferentes puntos de vista en la mayoría, la verdad es que disfruto leyéndote y pienso que debes que ser más asiduo a esta Cafetería, pues te haces mucho de rogar en tus intervenciones.
    Felices fiestas. Un besazo desde el Brañal al Eitón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *