Pinturas na fogueira

descargaFidel Vidal. Destruír obras de arte, e non só polo inimigo -que ve nelas un grave perigo no sei exactamente de que-, senón polos propios artistas, é máis frecuente do que parece. Isto vén a conto porque o 4 de xaneiro deste 2020 morreu aos 88 anos un dos creadores con maior influencia dos últimos tempos. Refírome a John Baldessari, artista conceptual con inspiracións en Duchamp, que ofreceu novas perspectivas no campo da linguaxe e da cultura nos medios de comunicación. Se o recordamos é porque en 1970, coa firme intención de non volver realizar máis arte aburrido, queimou todos os lenzos que pintara até ese momento. Custoulle atopar un crematorio pero conseguino e non só iso senón que parte das cinzas amosáronse no Museo Xudeu de Nova York, e con outras fabricou un lote de galletas que meteu nunha frasca de vidro para exhibilas no Museo Hirshhorn de Washington. Enfrontámonos, coido que por primeira vez, á arte reciclada.

“Non me arrepinto de ter queimado todo, non teño unha relación posesiva coa miña arte“, dixo en 2005 durante a súa exposición no Carré d’Art en Nimes. “Fixen esta cremación cando entendín que o campo da arte era moito máis amplo que a pintura e a escultura, que estudara dunha maneira moi clásica. Nese momento, cheos de tanto pensar, a arte comezaba esgotarse e tiña que recibir un novo impulso.” (E. Lequeux, Le Monde, 6/01/2020)

Mais a historia ofrécenos outros precedentes ben significativos de destrución da propia obra. Un dos verdadeiramente conmovedores foi o do meu admirado Rouault, mestre da arte profana e, sobre todo, da sagrada. Pero antes debemos recordar a Monet que non estaba conforme coas últimas pinturas e desfíxose duns trinta cadros da serie Os Nenúfares. van-gogh-quemando-sus-cuadros-para-calentarseO mesmo fixo Cézanne con bastantes das obras pintadas en París. Ou De Kooning quen ía desfacéndose da cada lenzo até dar co que el supuña unha propia identidade. E Francis Bacon fixo desaparecer a meirande parte do seu traballo anterior a 1944 e, malia a elevada cotización no mercado, “continuou facéndoo ao longo da súa vida”, Non esquecemos a Miguel Ángel, que consideraba a pintura como arte menor, e “provocou que a inmensa maioría dos seus debuxos acabasen na fogueira.” (J. Montes, 2020).

O caso de Georges Rouault (1871-1958) pertence a unha obsesión polo perfeccionismo. “A tenrura polos marxinados, os vagabundos e as prostitutas, e o sufrimento de Cristo” están presentes ao longo da súa obra (I. Esteban, El Correo.com.,2010), tal como se puido admirar na antolóxica do Museo de Belas Artes de Bilbao co título Lo sagrado y lo profano. O pintor, por un salario fixo mensual, cedera a propiedade dos seus cadros a Vollard. Ao morrer o marchante, os herdeiros apuraron vender canto puideron mais, tras un longo proceso xudicial, dos 800 que quedaban, Rouault recobrou 700 e queimou 315. O creador francés pensaba que as obras aínda non estaban terminadas e que á súa idade, preto dos 80 anos, “xa non podería darlles a pincelada definitiva. Por iso destruínas, porque non quería que ninguén fixese negocio con elas.”

3 comentarios en “Pinturas na fogueira

  1. Apreciado Fidel: ¿Por qué esos grandes genios creadores del arte, como en este caso Miguel Ángel, acabasen sus obras, ou debuxos, na fogueira…? ¿No crees que esto pudiera ser originado cuando percibían el declive, el final de su apogeo…? Pongo por caso al literato Oscar Wilde, y al gran pintor Rembrandt.- Muchos de estos grandes personajes, han acabado incluso en la indigencia.
    Termino porque de la vida y obra de estos genios, lo sabes tú todo.- Sin embargo, no me agradaría terminar sin deciros a los dos- me refiero también a Magdalena-, que ya me gustaría poseer un cuadro de esos.- Mesmo me conformaría cunha boa copia na casa.
    Un placer leerte.
    Con mis saludos desde Palmeira.

  2. ¡ Carambas, que pena ! Yo solo con uno de cada cual, ya me sentiría satisfecha.

    Cuentan que lord Wellington se sintió obligado a comprar un cuadro de un pintor mediocre en el que se representaba la batalla de Waterloo. Cuando el pintor se lo llevó a su casa, Wellington empezó a contar el dinero para pagarle. El artista le dijo: -Me puede dar un cheque, milord.
    Wellington repuso:
    – ¿ Cree usted que voy a dejar que se enteren en el banco del mal gusto artístico que tengo y de lo idiota que he sido ?

    SOPAPOS gErÁrqUIcOs que le metió Wellington al pobre artísta.

    Pero yo te mando castos biquiños, querido Fidel.

    1. Eu tamén, Magdalena, veriame satisfeito con calquera deles.
      Unha mágoa. Pero saber deses artistas, da súa decisión, crendo no seu traballo, é toda unha lección.
      O BO É O BO, no AgUIEirO.
      Saúde, Castos bicos recibidos castamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *