Pinocho (III). Mentiras e verdades

pinocchio-4490040_960_720Fidel Vidal. A historia de Pinocho está ligada dunha forma verdadeiramente inxusta ao termo mentireiro. “Como digas mentiras vaiche medrar o nariz como a Pinocho”. Esa frase, o dicir mentiras, para a maioría da xente resume o conto do noso Pinocho, é inherente á súa esencia. Non en balde os primeiros arrepentimentos na confesión dun rapaz diante do cura adoitaban ser: “Dixen mentiras e desobedecín a meus pais”, coma se fosen os únicos pecados do mundo. Mentir e desobedecer, elementos base para o desenrolo da mala conduta humana, do mal camiño. E por detrás as ameazas que reprimen e pretenden anular o suxeito que as recibe. Desa maneira conseguimos dous obxectivos ben claros: saber o que pensan e un mellor control dos mesmos, para así esquecernos dos problemas bastante máis graves que rodean ao cativo. Poñamos como exemplos o desamparo, a pobreza ou o frío.

Malia a identificación popular coa anécdota nasal, “ao longo das aventuras, o nariz de Pinocho crece (“se erecta”, no dicir de Piro) só catro veces e, incluso, non sempre corresponde ao dicir dunha mentira” (F. Codagnone, Pinocho e os raros afectos, 2013). Desconfiade daqueles mozos e mozas que vos pidan non ocultar nada e que sempre lles diredes a verdade. Non resulta fácil saber que significa iso da verdade. No fondo o que desexan é agarrar o mando para controlarvos. Cantas veces de nenos temos escoitado que non hai peor cousa que contar mentiras? Eles necesitan a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade, tal como requiren os xuíces cando interrogan unha testemuña. Por iso non hai mellores testemuñas que as falsas. Porque estas, sen dubidalo, van dicir o que hai que dicir.

img_17197_9e8c0a61b5ffe738c3bb184cd9fed492_20O nariz que se alonga é o sinal delator das mentiras. Ocultar a verdade aparece como algo inverosímil, unha quimera. O meniño non ten a máis mínima probabilidade de agochar os seus pensamentos, especialmente os que non seguen a liña dos adultos, ou do grilo-falante, o Pepito Grilo, a conciencia que non cesa de o molestar cos seus nesgados consellos. Ao non obedecer e seguir coas súas invencións, crécelle o nariz. Médralle o nariz como a outros lle soben as cores. A pregunta está en saber por que se minte? Concretando e sendo precisos, por que necesita mentir un cativo? Estamos certos de que os nenos non menten no senso en como valoran os adultos ese dicir mentiras, senón que fabulan. Os nenos inventan unha defensa que xustifica os seus actos desde a inxenuidade. De resultas sae a frase “crerse as súas mentiras”.

Non podemos esquecer que estamos a falar de cativos. Uns seres dependentes e, malia as súas escapadas, sen escapatoria. Vense acurralados polos adultos. Os maiores son moi listos, demasiado sabichóns, e non necesitan de polígrafos da verdade nin de que o neno se poña colorado e moito menos que lle medre o nariz, para saber dos seus secretos. Os pais sábeno todo. Lembrándonos de Umberto Eco, velaí a resposta que avalía unha das calidades esenciais da linguaxe humana: é a única capaz de mentir. A mentira, esa que fai crecer o nariz dos inocentes, pola contra, é a mesma que aos hipócritas mantenlla no seu sitio e medida, e máis fermosa se cadra, cantas veces faga falta.

5 comentarios en “Pinocho (III). Mentiras e verdades

  1. Querido Fidel:
    He perdido la cuenta de los días que llevo sin salir a la calle. Pensaba dedicar este encierro forzoso a realizar una serie de tareas que tengo pendientes y ahora resulta que el tiempo me cunde muchísimo menos que cuando asistía a varias actividades fuera de casa. Paradojas de la vida… Pero tal vez no sea un tiempo perdido: tengo la sensación de que en este recogimiento estoy aprendiendo a mirarme hacia adentro, a encontrar mi esencia. Lo que está ocurriendo en el exterior me hace valorar las cosas que realmente importan y rechazar lo superfluo. En realidad, hacen que me afiance más en lo que siempre creí.
    Lo peor es que esta cochina pandemia está abatiendo a media ciudad. Entre ellos a familiares de mis hijos -sobre todo a los de la clase médica- y ello nos tiene en constante sobresalto.
    Por eso hoy no me encuentro en la mejor forma para recapacitar sobre tu formidable trabajo.
    A ver si logro, contar al menos una anécdota.
    Hace unos días estuve comiendo en casa de una nieta. Después de la comida los hijos – niña y niño- se pusieron a pintar con acuarelas sobre una cartulina. Al poco rato el más pequeño, de año y medio, embadurnó sin querer la pared. Al preguntar su madre quién había sido, respondió con la mayor naturalidad: “¡Abuela!”. Lo sorprendente es que adora a su abuela más que a nadie.
    Va siendo hora de irse a la cama.
    Buenas noches.

    1. Querida Carmen:
      Iso que dis respecto do tempo non é nada infrecuente. Refírome ao paradoxal de que che “cunde moitísimo menos” que cando asistías a varias actividades. Case todos contamos coa experiencia das promesas para facer tantas cousas “nas vacacións” como ler unha determinada novela, e chegado o tempo de lecer nin ler nin nada. Tampouco está mal sentir o “aburrimento”, boa sinal, sempre e cando un non padeza de depresión, porque daquela a cousa cambia. A maioría aproveita para estudar inglés. Teño un coñececido que así o promete cada ano.
      Vivimos unha especie de condena onde non se permite o ocio (nai de todos os vicios). O tempo está para aproveitalo, esa é a consigna. Non acabamos de entender o significado do “dolce far niente”. Sempre haberá unha avoa “embadurnando paredes”.
      Desexo que todo vaia ben, en especial para eses parentes profesionais da sanidade, a quen -malia o maltrato das políticas de recortes- tanto debemos.
      Apertas e saúde.

  2. Benquerido Fidel:
    Onte tiña a cabeza tan pesada coma a Bota de Walker que arrastra o meu pé dereito por causa da fisura do tendón de Aquiles. No me estraña que o heroe da guerra de Troya tivese ahí o punto floxo, porque para min esta penitencia e peor ca do xexún.
    Qué porqué che digo esto ? polo verbicidio que cometín co palíndromo de onte, e ti, tan xeneroso, pasástelo por alto.
    Polo tanto, a sor Rosario, quítolle o tratamento que lle precede ó nome e mándoche esta outra. OIRÁS ORAR A ROSARIO. A rEpUtAcIÓn ¿palindromática? queda a salvo.
    Castos biquiños coma sempre.

  3. Unha vez una amiga e máis eu, fomos as agochadas ao cine. Era coresma e había misión na parroquia, polo tanto, non nos permitían ir. Cando entramos no Cine Elma, topámonos con una parella veciña da miña compañeira. Ó día seguinte cando a fun a buscar, a nai estaba berrando con ela e dirixídose a mín, díxome”¡ Xa ó sei todo ! pero ahora quero saber o resto”. Si xa o sabe todo – dixen – ¿ qué resto se supón que quer saber ? Dín media volta e deixéina con un palmo de narices tan considerable, coma a do boneco que nos ocupa.
    Moitos castos biquiños rEfUgIAdOs nesta casa do brañal e oíndo as pregarias dende a televisión coma sor Rosario.
    ASÍ OIRÁ SOR ROSARIO LA MISA.

    1. Está visto, querida Magdalena, que sempre hai un resto que saber. O cine Elma, que recordos me traen…!
      Moitas grazas pola mención do local e pola anécdota dunha nai que xa o sabía todo pero tamén quería “saber o resto”.

      NON NA MAN NON, no OUtEIrAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>