Repugnantes formigas calvinistas!

1eca6-austeridadGonzalo Trasbach. Decembro do 2008. Atenas, baixo a insurrección. Mesmo a árbore de Nadal da praza Sintagma ardeu. Non fai falla lembrar quen tiña tomadas as rúas: unha onda de rabia sen rostro. Os anos siguintes ensináronnos o que significa a palabra <contrainsurrección> nun país occidental. A UE, o Banco Mundial e o FMI empezaron a tarefa de hacer pagar a Grecia por aquela revolta imperdoable. E todo isto, contando co acordo de Alexis Tsipras, o presidente do goberno socialista heleno, un personaxe demonizado entre nós, tanto pola dereita coma polos socialdemócratas e indepedentistas e os seus “independentes” medios de comunicación, sobre todo porque o identificaban con Pablo Iglesias, o líder podemita que acababa de irrumpir na escena política nacional.

Hai un proverbio chinés que reza así: <Non subestimes o resentimento dos ricos cara á insolencia dos pobres>. Entón, aplicando esta regra infalible, as mencionadas institucións decidiron someter ao pequeno país mediterráneo mediante unha batería de medidas <económicas> dunha violencia proporcionalmente equiparable á da revolta, pero de xeito gradual.

E dende aquela, alemáns, eses que tanta admiración espertan entre as nosas formacións conservadoras, e holandeses -unha vez que os ingleses, como as ratas, abandonaron o barco continental- lideran a implacable campaña contra dos países pobres do Sur, aos que menosprezan e desprezan pola súa presunta ineficacia e atávica vagancia. Desta maneira andan pregoando aos catro ventos sambenitos que, no noso caso se remontan até a vella hispanofobia dos tempos do Imperio Español, e que ademais están impregnados co verniz da envexosa fobia británica: PIGS (cerdos), así como do Club Med: chicharras católicas sempre de vacacións fronte ás laboriosas formigas calvinistas. Por isto agora queren aproveitar estes tempos de cólera para castigarnos, penalizarnos, como se fosemos os inventores e portadores dun virus que nos medios máis direitistas de España, por outra banda, teñen endelgado aos <putos chineses comunistas>.

E aínda que é certo que nos ámbitos da cultura protestante-calvinista ser unha formiga laboriosa é considerado unha virtude, no sur de Europa ser austero é, sobre todo, ser un pringado ou un pobre deaño. Mais esa idea norteña de ser feliz (traballador, aforrador, sobrio, dilixente, moderado, modesto, discreto…) é algo que se está impoñendo en todas as partes de Europa. Por iso, diante desta pandemia volven falar de: menesterosos, vagos, bebedores, fornicadores…. Mais talvez sexa un pouco millor compartir antes que economizar, conversar antes que non dicir nin chío, loitar antes que sufrir…

calvinoRecordemos. Jurgen Stark, un falcón sen piedade, segundo do ministro de Facenda xermano Theo Waifel, e o ex socialdemócrata holandés Genit Zalm, fundador do grupo ultraliberal que arestora encabeza Mark Rutte, primeiro ministro dos Países Baixos, a quen acompaña o seu ministro de Finanzas Wopke Hoekstra, foron e son as figuras máis destacadas nese furibundo ataque contra dos países latinos, como se ten comprobado nestes días nos que unha brutal e mortal pandemia está sacundido a todo Europa e o resto do planeta. E isto está ocorrendo mentras algúns miran para outro lado, coma se isto non fose con eles.

Stark, que posteriormente traballou como economista para o BCE, foi quen no seu día boicoteou o rescate de Grecia e no ano 2011 logrou subir os tipos de interese, precipitando deste xeito o segundo pico da Grande Recesión, ou o desplome ou crise das débedas soberanas. Pois agora o que queren os nosos adorados ricos do Norte, as termites calvinistas, e endebedarnos para toda unha vida, como fixeron coa patria de Platón.

Ademais de acusarnos de derrochadores, bebedores e pendencieros, tanto a nós coma aos italianos e portugueses, Wopke Hoeksra, non só nos ten insultado gravemente, senón que a súa posición e a do seu xefe de gabinete abriron a porta para unha ruptura definitiva no seo dunha UE que, una vez máis, quere deixar na estacada aos estados membros do Sur, diante da compracencia dunha Angela Merkel que, de momento, agóchase tralas cortinas, pois conta con bos expertos para facer o traballo sucio. No fondo, por outra banda, a postura destes ultraliberais dispara contra os máis vellos, aos que prefiren mortos, e por enriba das vidas humanas, poñen a cuestión económica. O cal, de ben pensado, é unha maneira de rescatar a vía eugenésica, que tanto e tambén practicaron os nazis.

E todo isto vén a conto dos famosos eurobonos (aos cales tamén se negaron no 2008), dos que son partidarios os países do Sur para afrontar a emerxencia sanitaria máis brutal do continente europeo desde a Segunda Guerral Mundial. Diante da postura de holandeses, xermanos e outros, coas dúbidas de Francia, non só merece destacarse o prante de Italia, Portugal e España, senón subliñar a coraxe de Antonio Costa, primeiro ministro luso, quen calificou de <repugnante> o discurso dos ricos do Norte. Só por este contundente xesto, talvez deberíamos empezar a mirar con outros ollos os nosos veciños.

4 comentarios en “Repugnantes formigas calvinistas!

  1. Buenos días Carmen. Gracias antes de todo. Respeto lo que dices, pero no he nombrado ningún partido exactamente. Sólo recordé posicionamientos. Si la memoria no me falla, los posicionamientos en España con respecto a Grecia fueron explícitos. Como a veces lo son con Venezuela, con esta es tanto, que a veces pienso que la capital de España es Caracas. Pero es que ahora hay también posicionamientos, los ricos del Norte contra los pobres parias del Sur. El racismo de los calvinistas, siempre su menosprecio y desprecio. Les importamos una… Salud. Cuídate y diculpa.

  2. Querido Gonzalo:
    Soy persona que no entiende de partidos: trato de reconocer los méritos de las personas sin tener en cuenta su militancia y obro según los dictados de mi conciencia.
    Aunque me pierda con la lista de nombres que citas, reconozco que tu artículo es muy convincente y esclarecedor de lo ocurrido en Grecia en el 2008, y sus consecuencias.
    De la escabechina que está produciendo el cornavirus entre la gente mayor y la economía de los más débiles, hay opiniones para todos los gustos. No me atrevo a culpabilizar a nadie; pero el ambiente que se respiraba en todos los ámbitos antes del descalabro ya era irreal. Algo tenía que ocurrir… No me imaginaba que el cambio- esperemos que lo haya para beneficio del que más lo necesita, aunque suene a utopía- ocurriese en forma de ciencia-ficción.
    Lo único que pido es que la pandemia no se cebe con los más débiles, que alcance además a los que mueven los hilos del equilibrio mundial y se den cuenta de que también son vulnerables, que lo único que los diferencia de los demás seres humanos es el poder.
    Me adhiero a cuanto expresa Magdalena.
    Un abrazo a distancia.

  3. Bo día, amiga Magdalena. Moitas gracias pola túa contestación. A pena é que o meu texto non vai valer para que a tendencia cambie de dirección, aínda que esa panda de cínicos pidan agora disculpas. Pero todo o que lles poda pasar o terán máis que merecido. Ánimo e sorte para todos.

  4. Bos días, querido Gonzalo:
    Estou moi dacordo contigo sobre o que opinas de que máis vale compartir, falar ca xente, quererse, e tratar de ser feliz, porque os reveses veñen cando un menos o espera. A vida e moi curta, e debemos tratar de ser boa xente, gozar cos nosos seres queridos e cas amizades e viciños, porque cada ano que pasa, xa parece que nos quedan tres menos, e como dicía una persoa moi grata para min: “Pénsase eterna a pedra, e será area”.
    Moi interesante a tua entrada, benquerido Gonzalo.
    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>