Eloxio do encerro: os hikikomoris

pexels-photo-792033Fidel Vidal. Non é infrecuente comprobar como a loucura se adianta ao futuro facendo real, polo menos na fantasía ou na imaxe, un soño humano. Por non lle quitar razón a unha megalomanía, lembrémonos dos variados Supermáns. E como sorríamos cando as nosas avoas despedían o presentador do telexornal da noite abanando as mans. Por non mencionar os guillados que, sen acompañante que o xustificase, falaban sós pola rúa. Hoxe, uns e outros, os raros son os que pasean calados, xa que logo máis que nunca e a cada pouco, vemos parolando soas, como consigo mesmas, ducias de persoas que non paran de latricar coa mirada perdida, ou, se acaso, coas pantallas dos seus teléfonos.   

A historia muda cunha rapidez extraordinaria e sorprendente. Velaquí o caso, xamais pensado, que nos toca esta tempada. Refírome ao encerro provocado por unha pandemia que nos deixou fóra de xogo. Un xogo perigoso que non queda outra que xogalo. En canto dicimos a palabra encerro pensamos nos Sanfermíns de Pamplona, onde unha morea de persoas corre diante de media ducia de touros guiados por cabestros até daren na praza onde van ser lidados. A estas alturas o encerro converteuse nunha obriga ordenado como confinamento polo goberno coa finalidade de evitar o contaxio letal dunha pantasma: o coronavirus, o Covid-19. Non se ve pero mete máis medo que se fosen miuras. Máis que nunca toma vixencia a famosa frase de Pascal que, para evitar desgrazas, convidábanos a permanecer en repouso non xa na casa senón no noso cuarto.

pexels-photo-3806880De cativos un dos castigos era quedar sen saír da casa. Chegou a hora de sermos todos castigados. Un castigo que non é tal para os hikikomoris, eses mozos xaponeses que saltaron ás noticias hai máis de dúas décadas. Mozos que, agás para iren ao baño, non saían do seu cuarto. E que, tal como se hoxe estivesen contaxiados do virus, os pais deixábanlle a comida na porta. Desconectados da sociedade e pegados a internet,  pola contra, estaban conectados día e noite a través das redes no que se deu en chamar “hipervínculos virtuais”: sempre hai alguén ao outro lado que contesta. Non padecían patoloxía ningunha, se ben, esa subcultura estendida a outros países, de recluídos sociais, deuse en diagnosticar como unha forma de alienación. Como se boa parte dos traballos non pertencera tamén a unha caste de alienación. Sabiamos da realidade superando a ficción, pero nunca sospeitamos dunha realidade superándose a si mesma.

6 comentarios en “Eloxio do encerro: os hikikomoris

  1. Estimado Fidel:
    Desde que comenzó el encierro -y no precisamente el de los Sanfermines- apenas me queda tiempo para asomarme al ordenador: suelo hacerlo por la noche, cuando Magdalena me ha dado el toque de vuestras entradas.
    Los que vivimos en Madrid conocemos muy bien “o contaxio letal dunha fantasma” y en este sentido concuerdo absolutamente con el comentario de Javier.
    Aunque de momento el contagio no se ha cebado con ningún miembro de la familia, sí lo está haciendo con familiares indirectos y amigos entrañables que, por añadidura, estuvieron en contacto continuado con mis hijos y nietos. Y como este condenado “pantasma” no da la cara y nadie sabe si lo lleva encima, puedo figurarme los estados de ánimo (aunque se disimulen), y no sólo por sufrir una enfermedad de la que nadie tiene puñetera idea de cómo va a reaccionar su organismo, sino por el temor de transmitírsela a otro sin enterarse.
    En cuanto a los aplausos de las ocho: cuando vives en una gran ciudad en la que los propios vecinos somos personas anónimas, sientes ternura al ver que, en los balcones de enfrente, matrimonios ancianos o personas solitarias alzan los brazos en señal de saludo y de enviarte un beso. Esta tarde le cantamos el cumpleaños feliz a alguien que ni siquiera conocía: no sé si era niño, joven o anciano. Prometo que si salimos de ésta encontraré el modo de acercarme más a las personas.
    Termino con una frase que bien conoces y creo encaja bien aquí, pidiendo perdón a Magdalena por imitarla:
    “A casa é o lugar do recollemento e da intimidade, o lugar sagrado, o tabernáculo libre de deuses amedrentadores, cinguido aos coidados domesticos, a domus”.
    Felices sueños.

    1. Grazas pola cita, querida Carmen. Unha recomendación, que extendo a todos que desexen saber sobre que son os coronavirus: entra na páxina de Javier (pincha en Javier), onde atoparás clarificadoras aportacións ao respecto.
      Lembrando aqueles que din que aprenden un idioma, poñamos o inglés, para “falar coa xente” de países estranxeiros, é unha mágoa que nós teñamos que pasar este pesadelo para interesarnos e falar cos nosos veciños.
      Sexa como for, apertas e saúde, moita saúde.

  2. Querido Fidel,

    Hay algo profundo que tocas y es esa peculiar relación entre lo real, lo virtual y la fantasía. Aquí mismo, estando en este café, no lo podemos tomar juntos. Ni una caña, ni un whisky. La prohibición inherente al encierro impide compartir eso. Habrá que ponerle remedio en su día.
    El hecho de que no dejen darse abrazos en velatorios (a buenas horas iba a dejar yo de hacerlo si cae alguien familiar), el hecho de que ni siquiera velatorios pueda haber, y eso aquí, en Galicia, donde siempre hubo un peculiar culto a la muerte, dice mucho de lo que se nos ha echado encima. En parte, todo hay que decirlo, por la incompetencia de tanta lumbrera que daba por sentado que estas cosas eran exclusivas de chinos o de africanos. Y así nos cogió, desnudos en sentido clínico: sin mascarillas, sin EPIs, sin nada. Y yendo a comprar, y por segunda vez, tests basura, que no distinguen IgG de IgM, curados de contagiosos.
    El virus se ha hecho viral, en sentido real, matando a gente, y virtual, porque no se habla de otra cosa.
    ¿Y ahora, qué? Ahora a esperar en la ciencia de verdad, la que perfilará qué tratamientos, si los hay específicos, son adecuados, y la que conseguirá una vacuna, como en los tiempos de Pasteur. A día de hoy, tenemos UCIs; en lo de más, estamos como con la gripe de 1918 (por cierto, cuánto lumbrera de la genética incluso dijo que esto era sólo una gripe; acierto pleno).
    Eso hemos aprendido o recordado. Que la ciencia, la de verdad, permitirá contrarrestar esta realidad, en la que solo pensaba Bill Gates (también la presintieron los del Mobile, que no deben ser imbéciles) y alguien que escribió en el BMJ. La ciencia, algo tan alejado al cientificismo que la idolatra desde la estupidez, y algo tan ajeno a la pseudociencia, eso que no solo practican astrólogos y quiromantes, sino los próceres de la Medicina preventiva. Anda que … vaya nivelón el de los epidemiólogos y preventivistas, desde Madrid al último centro de salud.
    La realidad supera la ficción… y la realidad misma, como dices. Quien nos iba a decir que este cotarro lo liderase un equipo llamado científico y que, ni de lejos llega a alcanzar los niveles predictivos de los augures romanos.
    Un abrazo,
    Javier.

    1. Si que tomamos e tomaremos xuntos un café, unha caña, ou o que se tercie, meu querido amigo Javier, e das tres maneiras: real, virtual e de fantasía. Esquecíame do whisky.
      É un pracer ler os teus cometarios, nos que sempre aprendemos. Unha honra que non sei como agradecer.
      Forte aperta e saúde, moita saúde.
      Fidel

  3. Bos días,Fidel:
    Eu tamén me lembro de tía Luisa, que chamaba pola filla cando se quería ir para a cama, e en voz baixiña recomendáballe que pechase con chave a porta da sala cando se fose a dormir, por si acaso salía aquel home da televisión de noite a refitolar pola casa.
    Lembro tamén aquelas xuntanzas de homes no porto falando das fanequeiras, do tempo que iba a facer ó día seguinte, ( que por certo atinaban máis que Mariano Medina, que era o que nos alertaba dos temporáis naquela época ) e logo, pola tarde poñíanse cos cóbados apoiados no pretil mirando para as mulleres que se bañaban na praia do baluarte gañando o alcume de “os do cu para arriba”.
    Si, a historia mudou cunha rapidez extraordinaria, como ti dis, Fidel, e ahora en estes días que estamos padecendo, adquireu unha fealdade que non será esquecida por longo tempo. Esperemos que esa negra perspectiva que o futuro parece que quér reservarnos, só sea un mal sono. Que a casa nos ampare como o fai a concha da caramecha. A casa xa forma parte de nós, somos unha totalidade. ¿ Sónache ?
    Castos biquiños palmeiráns, querido Fidel.
    Que no nos ocurra coma ó revolucionario ruso que… SALTA LENIN EL ATLAS da pUtrEfAccIÓn.

    1. Querida Magdalena: O home esquece axiña, unha defensa ás veces moi perduxial, pero así é, por desgraza. Deberiamos reconsiderar tantas cousas… A denominada España “vaciada” que foi “enchendo” áreas de poder e de ecomonía, poñamos Madrid, Barcelona, País Vasco. Ou China, produtora e abastecedora de tantas mercancías por razóns estritamente avarentas dos nosos comerciantes. E así andamos, dependentes por culpa de pagar menos aos traballadores. Unha mágoa. Oxalá aprendamos, pero non, non aprenderemos. Os triunfadores neste mal soño serán os mesmos. De momento, como se dicía nun chiste, imos ganando os ricos.
      Forte aperta, sen magoar.

      ANILINA para un bAdUEIrO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>