Un conflito entre bilabiais

pexels-photo-3965536X. Ricardo Losada. Supoño que a moitos pais lles pasaría o mesmo que a Alejandro Zambra, iso que tan ben narra no seu moi recomendable libro Tema libre: Pero igual me complace anunciar aquí que la primera palabra pronunciada por mi hijo, hace ya varias semanas, fue la palabra papá. La dice todo el tiempo, es la única palabra que dice. Todavía le cuesta, eso sí, articular la bilabial oclusiva sorda p, por lo que momentáneamente la reemplaza por la bilabial nasal sonora m. Non me digades que non é xenial! Un pode reconstruír a partir desa irónica anécdota o conflito entre maternidade e paternidade de toda a historia da humanidade, e moitos dos conceptos principais da obra de Freud, desde os complexos de Edipo e Electra, ata a importancia dos lapsos lingüísticos, pasando polos mecanismos de defensa.

     Pero fagamos algo mellor. Tomar a anécdota en serio. Queren dicir papá os nenos cando din mamá, pero impídellelo a dificultade de pronunciar o p fronte á facilidade de pronunciar o m? O primeiro que teriamos que facer é consultar a un lingüista se tal afirmación é científica. Pero claro, como os lingüistas, por moi sorprendente que pareza (imaxinade como poden definir un bico se definen o m como bilabial nasal), tamén casan e teñen fillos, non van ser unha testemuña fiable e obxectiva. Mellor método sería experimentar cos propios fillos ou cos sobriños ou cos fillos dos amigos. Pero tampouco iriamos moi lonxe. En temas coma este, os nesgos son inevitables. Quero dicir. Un amigo meu contáballes aos fillos que os personaxes bos dos contos eran do Barcelona e os personaxes malos, do Real Madrid. Non creo que teña que revelar de que equipo era el, e de que equipo acabou sendo o fillo.

     pexels-photo-265987Outra forma máis contemporánea de abordar o tema é preguntarlle a Google se os nenos din antes papá ou mamá. Resposta: a primeira palabra que din os nenos é papá, non porque o queiran máis, senón porque, ao pasar máis tempo coa nai, escoitan falar do pai con máis frecuencia: Papá traballa, Papá está a chegar, Cando veña papá... Pero, con semellante resposta, a autoridade de tan eminente algoritmo non vai ser aceptada, como mínimo, pola metade da poboación. Así que só me queda recorrer á miña especialidade, a filosofía. E que di a filosofía? Que é un tema sobre o que non pode tomar partido. Os filósofos tamén son, neste asunto, seres humanos excepcionais. Tomemos, por exemplo paradigmático, o caso do filósofo alemán Hegel. A primeira palabra que dixo, por iso lle chamaban (como insulto, pero a el parecíalle un afago), vello prematuro, foi fenomenoloxía. Hai quen di, incluso, que non foi fenomenoloxía, senón fenomenoloxía do espírito, pero iso, paréceme a min, é botar un pouco por ela.

 

3 comentarios en “Un conflito entre bilabiais

  1. Será divertido – conocéndote – ler ese compendio sobre o amor.
    Casanova dicía que o amor non era máis ca unha curiosidade. O Marqués de Sade, afirmaba que no amor todalas cumbres eran borrascosas. E indo pola parte espiritual ( tirando para a casa ) san Agustín dicia que: “A medida do amor e amar sin medida”.
    A ver cal é a tua versión. Espero que non vaias polo pensamento do mestre Platón que dicía : “A maior declaración do amor e a que non se fai”.
    Biquiños palmeiráns, querido profesor. O que quer estudar amor sempre se quedará en alumno.

  2. É certo. Esa anécdota de Betty é unha das miñas preferidas. Tamén dá para un compendio sobre o amor.

    Tampouco eu sei se é certo esa conclusión de que os nenos din antes papá que mamá. Niso tes ti máis experiencia.

    Como tiras para a casa! O ente ten que ser espiritual!!!

    Unha forte aperta

  3. Nunca he leído nada de Alejandro Zambra pero la anécdota es genial. Otra más para mi anecdotario. La pondré al lado de: “Querida Betty: Te odio. Con todo mi amor. George”.
    Si no me equivoca una de tus preferidas.
    No sé si es creíble que los bebés aprenden antes a decir papá porque escuchan esa palabra más veces, y recalco lo de “no sé si es creíble” porque conozco a una mamá sordomuda y el vocablo de papá fue el primero que aprendieron sus dos hijos. Que conste que no es una anécdota.
    Que la primera de Hegel haya sido fenomenología, no es de extrañar. Estaba predestinado a ser un “fenómeno” y si la remató con “espíritu” es porque la espiritualidad también estuvo presente en su vida. “No hay lógica sin ontología” . Y el ente tiene que ser espiritual.
    Besiños palmeiráns, querido profesor. Siempre compartidos con Eva y José María.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *