Galicia e os galegos na poesía castelá CXL. Outro colombiano: Donaldo Bossa Herazo

donaldo_bossaRomán Arén. Se nos falan da literatura colombiana, a gran maioría pensamos en Gabriel García Márquez e logo en Álvaro Mutis e xa, facendo un esforzo, nun clásico do século XIX, José Asunción Silva e, quizais, en José E. Rivera. Pero Colombia é terra de bos poetas: León de Greiff, Eduardo Carranza, por poñer dous exemplos importantes.

Non é un poeta de primeira fila Donaldo Bossa Herazo, nacido en 1904 en Santiago de Tolú (Sucre), pero que residiu en Cartagena de Indias, cidade que foi a súa especialidade como historiador e que o levou á Academia de Historia de Colombia. Moitos dos seus versos foron compilados en Viñetas y otros poemas (1961) e en Sinfonía inconclusa (1973).

Visitou España e estivo tamén en Galicia, e ese foi o motivo do seu poemario sonetos españoles (1976), onde apareceu “Galicia”:

¡Fervor de la sagrada Compostela!/Torres, columnas, muros patinados,/románico y neoclásico mezclados,/cielos de lluvia, tonos de acuarela./Un algo indescriptible terciopela/la visión de los mares y los prados,/cocina de lacones y pescado,/hórreo repleto, grávida escarcela./Lo antiguo junta con lo nuevo; foros/de fe congregan peregrina tropa,/a lo alto eleva pastoriles coros,/y porque España su milagro arropa,/todavía Santiago mata moros/en esta punta de la vieja Europa.

Foi reproducido por José Esteban na escolma Galicia y los escritores hispanoamericanos (2016) e tamén, penso, por Eduardo Núñez na titulada España vista por los viajeros hispanoamericanos (1985).

O autor, Bossa Herazo, faleceu en Cartagena en 1996.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>