Pereza revolucionaria

61nXMjd5GBLX. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que os grandes revolucionarios da historia, cando menos os que acadaron o poder (é conveniente puntualizalo), foron persoas moi conservadoras: en canto gobernaron, xa non quixeron máis cambios. Pasou cos cristiáns. Pediron ser legalizados en nome da liberdade no Imperio Romano e, pouco despois, unha vez que se converteron con Teodosio na relixión oficial, comezaron unha sistemática e violenta persecución das outras confesións que levou, co tempo, a esa monstruosidade da Inquisición. Pasou co protestantismo. Lutero levantouse contra a Igrexa de Roma en nome da liberdade de conciencia para interpretar a Biblia e, pouco despois, cando Calvino se fixo co poder en Xenebra, impuxo de forma ditatorial e enormemente represiva a súa doutrina como a única válida. Pasou con Napoleón na revolución francesa, con Stalin na revolución soviética…. Para que seguir.

Vén esta reflexión a conto da relectura que fixen estes días do libro Castellio contra Calvino de Stefan Zweig. Un libro que todos deberamos ler e asimilar porque as persoas como Teodosio, Calvino, Napoleón ou Stalin seguen existindo, como volvemos comprobar con exponencial frecuencia, tanto nas altas esferas da política como nas rúas de calquera país. Como é posible que ese tipo de políticos engaiole millóns de cidadáns na súa megalomanía? Como é posible que estudemos Historia para non repetir os erros do pasado e que os sigamos repetindo dese sinistro xeito? Cando loitaba contra o catolicismo, Calvino escribiu no seu libro máis importante: “É un delito matar herexes. Mandalos eliminar a ferro e lume significa negar todo principio de humanidade”. Despois, cando acadou o poder, non fixo outra cousa, como pode testemuñar Miguel Servet, queimado a lume lento nunha praza pública por querer debater sobre o misterio da trindade.

descargaNon sabedes a pereza que me dá escribir textos coma este. Intelectuais de enorme prestixio e influencia dixeron o mesmo ao longo da historia, e xa vedes os resultados que obtiveron. A maioría das persoas non atende á razón (esixe unha actitude activa ante a vida), senón ao seu instinto de supervivencia. Pensade, por exemplo, que fósemos cidadáns na Xenebra de Calvino. Apoiariamos o seu rival humanista Castellio? Con toda seguridade, fariamos o seguinte razoamento. Se triunfa Castellio, como é un revolucionario demócrata convencido e boa persoa, intentará pasar páxina o máis rápido posible pensando no benestar da cidade, e limitarase a facer unha fogueira tipo campamento de verán para unha rápida reconciliación. Pero, se vence Calvino, como é un revolucionario interesado e de espírito resentido e vingativo, máis preocupado do seu ego que do ben común, fará unha fogueira tipo inferno para reducir a cinzas os ósos e as ideas dos seus inimigos. Dicídeme a verdade. A quen apoiariades?

5 comentarios en “Pereza revolucionaria

  1. Querido profesor: Aprovechando tu “Pereza Revolucionaria”, he respondido a tu amable respuesta del Pregón. Sobre lo que has escrito, poco o nada puedo aportar porque Magdalena lo ha hecho, con holgados conocimientos del mismo.
    Preguntas, al final de tu narrativa, ¿a quien apoyaríamos…? Lo siento profesor pero hoy tengo mis dudas sobre a quien debiera apoyar porque el que más y el que menos; en menor o mayor grado,”cojean del mismo pie”. Ni Ché Guevara, ni siquiera Castiello. ¿Sabes a quien apoyaría…? Al perro de Lord Byron, porque según su amo: “tuvo todas las virtudes del hombre y ninguno de sus defectos”.- Por lo tanto: mi apoyo incondicional al perro.
    Luego, egoístamente, me quedaría con San Pantaleón porque todos necesitamos un médico amigo.
    Como siempre, mi aprecio sincero.

  2. Prezada Naty:

    “Todo está aí e eu non son nada”. Referíame a que en internet hai miles de millóns de persoas e cando un escribe un texto nun café coma este e non recibe ningunha resposta, un segundo antes de comezar a consolarse pensando que un escribe para si mesmo, sente que é nada. Así que repito o meu agradecemento. Non é o mesmo ter tres comentarios de miles de millóns posibles, que ningún.

    Máis apertas

  3. Apreciado profesor: De retraso nada. Sin embargo el mío ha sido enorme porque después de los días transcurridos, hasta que yo hice mi entrada respecto a tu GRAN PREGÓN…, creí que ya no me encontrarías por aquí.
    Gracias por tu respuesta que ha sido de lo más amable, y mucho más por incluirme entre esas dos estupendas comentaristas, como son Carmen y Magdalena. Yo, ni siquiera soy una simple aficionada, comparada con ambas.- Confieso que Magdalena ha sido quien me animó a entrar en vuestra Cafetería y tomarme un café con ese intenso aroma y sabor literario. Y ese “buen sabor” fue el que me dejó un tanto “enganchada”, para seguir leyendo vuestros magníficos artículos en nuestra hermosa y rica lengua.- Es por lo que, tímidamente, suelo acercarme por aquí, soltando de vez en cuando mis historias, que son más bien anecdóticas que culturales.

    Por cierto: creo que también Goethe decía: “Eres, al fin y al cabo, lo que eres. Aunque te pongas una peluca con miles de rizos, aunque te pongas tacones de un codo de altura, seguirás siendo lo que eres”.- Pero tú, querido profesor: eres GRANDE por méritos propios; sin necesidad de rulos postizos, tacones de aguja, ni zarandajas por el estilo.

    Siempre es un placer leerte. Un cariñoso abrazo desde Palmeira.

  4. Prezada Magdalena:

    Non o teño tan claro. Estou convencido de que a mayoría da xente sabe que as promesas dos políticos non teñen o obxectivo de facerse realidade, senón de conseguir votos. E, por outra parte, hai que recoñecer que si cumpren algunhas das súas promesas. Somos testemuña de que, en moitos aspectos, España mellorou nos últimos corenta anos.

    Vaidade. Insolencia. Ferocidade. Ninguén pode negar que eses son tres atributos esenciais do político actual, e do sectarismo de todas as épocas.

    O da pereza dígoo moi en serio. Escribindo este tipo de textos síntome, moitas veces,
    un parviño.

    A pesar dos pesares, hoxe é domingo de Guadalupe.

    Apertas rianxeiras

  5. Contesto a tu pregunta: apoyaríamos al malo.

    Siempre ha habido dos bandos; los que le rezan a san Pantaleón y otros al Ché Guevara. Y eso no es malo, la pluralidad de ideas es enriquecedora, lo que ocurre es que, cuando votamos, lo hacemos por lo que nos dicen que van a hacer, no por lo que luego hacen. Una vez en el poder emulan a mister Potato y a muchos de sus votantes nos mandan al crepúsculo de la ideología.
    Querido profesor, acabo de acordarme del epitafio que lord Byron, escribió para su perro Boatswain: “Poseía Belleza sin vanidad/ Fuerza sin Insolencia/ Valentía sin Ferocidad/ y todas las virtudes del hombre sin vicios. P. 25 de “El burdel de Lord Byron”. Por desgracia, la gran mayoría de los políticos solamente poseen una de esas partes y no es precisamente la buena.

    Me alegro de que hayas vencido a la pereza para poder disfrutar de un texto como el que nos has regalado.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>