Conversas de escaparate. Posta a punto

esca1Fidel Vidal. -Non vos enganedes. Foron as outras que fixeron un aparte. Disque por presumida. Pero debaixo do sombreiro agocho a vergoña que me trouxo até esta vitrina de luxo. Cansa de tantas bagoas e mágoas pasadas, non vou chorar agora. Calamidades a cotío sementaron as nosas vidas, as propias e das miñas irmás, as xemelgas, por culpa dun pai que non mereciamos. Borracho e lacazán. Intentou desvirgar as tres fillas que nun forzado matrimonio deu parir a nosa non menos culpábel nai. Un dúo pernicioso. Se as noites eran tormentosas os días non lle ían atrás.

»Cansei de pregar a Deus, de implorar a morte dos dous. Estounos a ver ríndose dos nosos desmaios, débiles en exceso, e mal alimentadas. No derradeiro recado decidín seguir adiante e non parei de camiñar até dar cos meus pés nunha estrada onde me recolleu un camioneiro. Non abusou de min, só me acariñou e dixo algo que entendín como que lle recordaba unha súa filla. Unha filla ou unha noiva, non puiden comprender pero –e iso non precisaba de tradutor- si souben que a moza á que se refería o meu condutor non estaba viva. O bo home secou as bágoas mentres falaba e braceaba na explicación.

esca2»Que podes facer, incluso pensar, vendo como o teu pai mete a man por debaixo das faldras das túas irmás sentadas unha a cada lado? As nenas, inocentes, sorrindo, queixábanse: “Papá, papá, que me magoas”. Dous alcohólicos. Dous dexenerados. O día que me enfrontei ao meu pai empuñando un coitelo, fun testemuña da súa covardía, o susto nos seus ollos. Estaba bébedo e non podía comigo. Un caguiñas. Ese día decidira liscar para non regresar xamais. As nais, as nais, falan das nais como de bondadosas señoriñas que dan a vida polos fillos. Será polos fillos, pero non polas fillas. Queríanos converter en putas para encheren a carteira. A función do pai seica era pórnos a punto.

5 comentarios en “Conversas de escaparate. Posta a punto

  1. Querido profesor: Sí, yo también creí que hablarías del coronavirus. Da igual. Hables de lo que hables, siempre es un placer leerte.
    Muy bueno el chiste. Una manera de expresar, con resignación, lo bien que le caían los argentinos. Pero tanto como disfrutar de la “malleira” que le pegaron, por su poca simpatía hacia ellos…, me pareció exagerado. Sin embargo lo que no me ha parecido tan insultante es la “concha de su madre”. El que nosotros utilizamos, me parece mucho más agresivo, que el de la “concha”.
    Y termino porque estoy pasando por un mal momento que intento superar, dentro de mis pequeñas posibilidades.

    Pasé por aquí, para ver si se me levantaba un poco el ánimo. Y lo he logrado leyendo vuestros magníficos artículos. Gracias.

    Con mi sincero aprecio, desde Palmeira.

  2. Querido Fidel:
    A todos esos que se entregan con tesón y porfía a la concupiscencia encontrando caduca la ley moral, es conveniente recordarle su impudicia con un hirviente café sobre su trabajado occipucio, para así frenar sus jornadas libidinosas oyéndole cantar como el cisne los últimos estertores de su pasión carnal. Luego tanto a él como a su mujer, frotarles con linimento Sloan mezclado con la repugnancia de sus efluvios occipucio y…
    Como paradoja diré que la muchacha encontró en el escaparate sensacional más humanas y confortables. Seguro.
    Castos biquiños desde Palmeira.
    Hoy no puedo mandarte el anagrama. Estoy escribiendo desde el móvil fuera de casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>