Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.

cancioneroRomán Arén. É ben sabida a importancia que ten o Cancioneiro de Palacio na poesía galega, pois ofrece os derradeiros ecos da nosa poesía trobadoresca, e del participaron, manipulando, máis ou menos a súa lingua, Sanz e Álvarez Blázquez para reproducir, cando menos, catorce cantigas que son galegas (de Macías, García de Pedraza, Pedro de Portugal, García de Medina, Pedro de Santa Fe, Antón de Montoro, mendo de Campo, Suero de Ribeira e algúns textos anónimos de raíz popular. Compilado entre 1500 e 1520, é co Cancioneiro de Baena, testemuño fundamental do período final (salvado o no achado de Henrique Monteagudo) da nosa lírica medieval. Tamén en castelán aparecen varias pezas anónimas que recolleu Margit Frenk Alaterre en Lírica española de tipo popular (1966, 3ª ed. 1982), e unha delas é a que nos interesa, pois reflicta que o desprezo polos galegos comezou xa antes do século XVI, o que non tivo en conta Caramés Martínez no libro A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá (1993). Esta é a cantiga:

Sola me dejaste / en aquel yermo, / ¡Villano, malo, gallego!

A falsidade dos galegos será motivo tópico na literatura do século XVII, como a sucidade.

Ben é verdade que Juan Vásquez compilou en 1560 outra cantiga, que remata así:

Amor falso,/falso y portugués./

A falsidade era, pois, aire de familia, común a galegos e portugueses. Así o anotarán sobre nós Góngora, Quevedo, Monroy e Silva… Lémbrense estes refráns:

“¿Rogaste a los gallegos? Ya no puedes venir a menos” (recollido por Rodríguez Marín).

“¡Antes moro que gallego!” (Lopez de Vega).

“A xuezes galicianos, con los pies en las manos” (Gonzalo de Correas).

Tan tacaños, que di Mirademesana:

Gallego pienso que fue,/pues descalzo caminaba.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.

  1. Hoxe regalan un libro no Gadis, chámase “Brian o chinés” do autor David Vázquez Álvarez. Foi una sorpresa agradable. Logo, comprei unha bolsa reutilizable donde poñía : “O galego mola”.
    Quén poidera regalarlle unha a don Lope, outra ao da naríz superlativa e a Monroy e Silva.
    Unha aperta, Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *