Dieste en 2666

diesteX. Ricardo Losada. O filósofo Julián Marías foi invitado a dar unha charla nunha universidade remota de EEUU. Entusiasmado, preguntoulle por teléfono ao hispanista que o invitara como tiña que facer para chegar. “Ten que coller un tren no aeroporto da capital do estado”, díxolle, “e parar na quinta estación”. “E quen me estará agardando?”, preguntou Marías. “Eu mesmo”, díxolle o hispanista. “E como o recoñecerei?” “Moi fácil, levarei o seu libro España inteligible no brazo”. “E que fago”, preguntou finalmente Marías, “se hai máis dunha persoa co meu libro debaixo do brazo?”

O outro día pregunteime se habería máis posibilidades de que o protagonista desa anécdota fose Castelao ou Dieste, e non tiven ningunha dúbida. Non imaxinaba a Castelao pensando que nunha remota cidade de EEUU alguén estivese lendo Sempre en Galiza, pero si imaxinaba a Dieste pensando que na estepa rusa varias persoas lesen o seu dificilísimo tratado Testamento geométrico. A razón é clara, e explicareina cun cadro de Rafael sobre os filósofos gregos. Nel aparece Platón, pintado coas cores éter e vermella, que representan o aire e o lume, os elementos máis fugaces e ingrávidos, sinalando cun dedo da man o ceo, para representar o seu idealismo, bolañomentres Aristóteles, pintado de azul e marrón, que representan a auga e a terra, os elementos máis palpables, aparece coa man cara abaixo, para representar o seu pragmatismo. Non creo que ninguén teña dúbidas de que, nese sentido, Dieste era unha mentalidade platónica, convencido como estaba de que a política, a ética e a estética son conceptos sinónimos, orientados pola luz eterna do ben común.

Por iso levei unha alegría inmensa cando lin unha referencia ao Testamento Geométrico de Dieste no libro de Roberto Bolaño 2666, éxito a nivel mundial, incluído Estados Unidos. Imaxinar un catedrático de Wisconsin respondéndolle a Dieste, “Ten razón, pode haber máis de dúas persoas co seu libro debaixo do brazo, mellor levarei o Quixote”, pareceume un acto de xustiza poética. Na historia do mundo, os pragmáticos só gobernaron ben os soños feitos realidade dos idealistas.

6 comentarios en “Dieste en 2666

  1. Non hai ironía ningunha. Só debes dubidar de se é un milagre ou
    simplemente un hábito de calquera charla de cafetería. Adaptamos o
    que falamos aos demais. Non somos bestas, como ti ben dis.

    Apertas

  2. Eu, que penso en moitas ocasións que xa debedes de estar ata a coroa de mín, e as veces quero deixar de escribir para non ser tan pesada, agora ao ver a tua resposta a Mari Carmen, por alusións, quero reconcar. Non sei se estás sendo sardónico na tua réplica cando dis que se che aparece o meu espectro cando estás escribindo facéndoche correxir o escrito. Póis mira, sexa ironía ou non, (eu xa sei que a sinceridade perfecta é única e exclusiva das bestias ) pareceume un “madrigal de urgencia” como lle chamaba Eugenio D’Ors aos piropos. Qué unha mala alumna faga que o mestre teña que correxir, eu a eso chámolle milagre. Aínda que haxa quen non crea neles.
    Moitas grazas aos dous, póis Carmen sempre me nombra con moito cariño.
    Biquiños para a capital de España e como non, para Rianxo.

  3. Prezada Carmen:

    Xa teño dito que, moitas veces, mentres escribo estes textos, aparéceme Magdalena
    (nese tipo de aparicións si creo) dándome a súa opinión. E moitas veces faime corrixir (nestes milagres tamén creo) o escrito.

    Esa frase de Julián Marías non é moi afortunada. Tendo en conta a época e o que lle custou a moitos intelectuais aceptar o feminismo, cando menos, é sospeitosa.

    Alédame saber que axudei a converter un elemento decorativo nun elemento funcional. Dito doutra forma: un elemento só estético, nun elemento estético, ético
    e político., que diría o noso xa común amigo Dieste.

    Apertas sempre agradecidas

  4. Prezada Magdalena:

    Xa sabes que neste tipo de anécdotas nunca sabes onde comeza a realidade e onde a
    ficción. De todos xeitos, aínda que coincido contido en que o xenio e o talento nunca son zafios ou vulgares, si creo que as persoas con inxenio e talento poden ser zafias e vulgares.

    Con isto do confinamento, non queda outra que tirar para casa.

    Fortes apertas!

  5. Excelente artículo, querido profesor. Y la respuesta de Magdalena no da opción a más: lo expresa todo.
    Recuerdo que a poco de instalarme en Madrid comencé a asistir a los ciclos de conferencias en la Fundación Juan March. Uno de los primeros a los que acudí lo impartía precisamente Julián Marías. Supongo que, entre otros temas, habló del feminismo, porque me quedó grabada una frase que decía algo así como que “si la mujer olvida los rasgos de su condición femenina, acaba despersonalizándose”. Ello no implica, pienso yo, que deje de luchar por sus derechos.
    Sobre Dieste me he ido poniendo al día gracias a ti. Como soy de las que acudo libro más que al ordenador, y no cuento con muchos sobre el tema, he caído en la cuenta de que dispongo de una fantástica enciclopedia gallega de treinta tomos, que estaba poco menos que de adorno y ahora la visito con frecuencia. Sobre Rianxo trae la tira y más.
    De que “la política, la ética y la estética son conceptos sinónimos…” hablamos otro día, si te parece.
    Me voy disparada a la cama, ya que mañana tengo que madrugar para continuar mi aportación en la cocina.
    Felices sueños.

  6. Otra anécdota buenísima que me regalas, querido profesor.

    Sería difícil interpretar tal comentario como una manera narcisista porque no era petulante ni altivo, y con toda seguridad su interlocutor sonrió la gracia, como hemos hecho nosotros. El ingenio y el talento nunca son zafios ni vulgares. Tuvo buen maestro el filósofo y ensayista don Julián.

    Me ha encantado ese toque final de fantasía que le endosas al catedrático de Wisconsi diciéndole a Dieste que será mejor llevar bajo el brazo al de la Triste Figura. Cómo te gusta tirar para casa.

    “Dice Alberto Gurrea/ que no hay río mejorque el Urumea/ y en cambio, para Pachi Zuberoa/ no hay río mejor que el Bidasoa.

    Unha aperta palmeirana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *