Pedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Somos nas nosas opinións e pensamentos froito das influencias, que fan que pensemos dun xeito e non doutro. Escribindo coma un pintor, con capas, Agustín procura o goce estético puíndo a linguaxe (máis de 30 borradores para este libro). Cunha singular ollada, o autor noiés crea unha atmosfera particular dende o primeiro relato que engancha ao lector e non o abandona ata a derradeira palabra deste senlleiro libro.
Obrigadísimo, Pedro e Xosé Ricardo! E que o esperanzador 21 traia consigo arrebatadoras lecturas para todxs.
Moitas grazas a ambolos dous, estaréi desexando que chegue canto antes o seis de xaneiro para telo na casa.
Felices Festas e saúde.
O libro presentouse en Noia o 25 de setembro e, por suposto, xa está nas librarías. Bo ano.
Un cordial saúdo.
Xa está nas librerías. E aproveito para recomendalo de novo moi
vivamente. Só polo primeiro relato xa compensa a compra.
E, os outros, como moi ben di Pedro, unha profunda reflexión
sobre a natureza humana e a natureza da ciencia abordados por
un escritor que sabe por propia experiencia que a división
Ciencias / Letras é absurda.
Apertas, e feliz fin de ano para todo o Café!
O libro de Agustín xa se atopa nas librarías, ou pídese por Amazon?
Moitas grazas Pedro.
Saúdos palmeiráns.