15 anos

d48fd70e84924f0d53ebffaadc0ce1d4Mauricia Ces Quintáns. Toda a maldade no teu corpo. Toda. Toda a ira. Toda a sen-razón. Toda a violencia.

Meu meniño, como me doe o teu corpo. Como me doe.

Que me importa que o mundo se veña abaixo. Que importa que non quede un home sobre a terra. A ecoloxía. A pandemia. Que me importa.

Os golpes. As patadas. As marteladas.

A túa cabeza escachada. Os brazos esmagados. As costelas rotas. As pernas tronzadas. Meu meniño, a túa alma dóeme. A túa indefensión.

5 comentarios en “15 anos

    1. Xa falei moito contigo hoxe, Ramiro. Todo o que che diría. Moi triste, ata nunca acabar. Moi amargo, porque non ten solución. Eu non a sei. Chorei moito esa mañá. Toda. É o único que podía facer para acompañalo. E a miña mañá é moi longa, ás veces. E choro cada vez que o penso. Os meniños, todos, é dicir, todos, e cada un deles, son a alegría de vivir, o sentido da vida. Somos nós, pero máis pequenos. Coa súa bondade e maldade. Coa nosa.
      Parabéns por ese futuro que che naceu.
      Moitas, desas e deses que non se poden dar, querido Ramiro.

      1. Dos meus días de traballo no Caribe trouxen algunhas cousas, entre elas unha palabra que eu coido belísima: apapachar (abrazar con agarimo, con tenrura, con alma).
        Pois iso, tempo teremos de nos “apapachar” cando isto remate Mauricia.

  1. Ola, Magdalena. Grazas.
    Si. É un pouco bastante forte, sen entrar dentro. Sinto tervos amolado o café de hoxe.
    Non debera existir razón abondo que acade a comprender unha actuación tan desmedida. Tan desigual e desproporcionada, que leve a uns adolescentes a causar un dano tan grande e irreparable a outro, indefenso. Mágoa non discurran unha vacina que lles tire as frustracións, penalidades, e as súas secuelas.
    Eu, a persona menos indicada, adoptaríaos a todos. Son uns un amores. Quero crelo. O creo.
    Magdalena querida, moitas apertas.

  2. Benvida, Mauri:
    Xa facía tempo que non viñas pola Cafetería.

    Triste relato o de hoxe, pero por desgraza moi real.

    Parafraseando a Quevedo, “El insulto es la razón del que razón no tiene”.
    E en moitos casos, se só quedase en insulto.

    Moitos biquiños palmeiráns, querida Mauri.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *