A desvértebra

descargaRomán Arén. Lonxe queda xa o ano 1987, cando Ana Romaní publicou Palabra de mar, o seu primeiro poemario, de temática amorosa e cheo de símbolos, que logo iría depurando. Entre Das últimas mareas (1994) e Arden (1988) a súa poética faise máis sutil, máis aforística, co mar sempre presente, cun gran peso do feminismo e xa do metaliterario. O paso do tempo, a simboloxía marítima, a poesía como coñecemento. E despois, de Love me tender (2005) a Estremas (2010) foi, a súa poesía facéndose máis densa, foi creando un territorio máis complexo, con forte carga da ironía e irreverencia, que chega agora ao seu cumio en A desvértebra (2020), no que «aquí todo é memoria que esquece / po de algo que nun tempo amamos». Todo está a caer no abismo, nas orografías imprevistas, xa que «somos esa pira / que o vento varre / unha e outra vez».

O léxico poético, duro, está centrado no ermo, no oco, no medo, no cerco, na dor, no inhóspito: «o estrondo do baleiro». Poesía contra o «código correcto» que apalpa «por se houber un claro». O eu lírico chega a ser «o anel que cerca o oco / por veces o oco mesmo». E o paso do tempo segue aí: «habitamos a rocha e o seu interior poroso / dentro sen urxencia obsérvanos o tempo». E malia todo «asomará reticular a vida en alianzas…».

«A desvértebra»

Ana Romaní

Chan de Pólvora (A Coruña, 2020)

78 páxinas

Un comentario en “A desvértebra

  1. Quen poidera ter unha vida máis longa que o Tajo, apreciado Román, para poder seguir lendo todo canto aconsexades, e sen ter a vista cansa, como agora vou tendo.
    Estes días estou ca de Riveiro Coello “O paraíso dos inocentes”. Por certo, teño que felicitalo por este gran libro tan recomendable. Só lle poño unha pega, pero, gárdoa para decirllo a el cando corresponda.
    Cariñosos saúdos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>