Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais

70378942_2538504529529385_6236794299116158976_nCarlos Cimadevila Álvarez. Ao longo destes anos nos que vimos celebrando o Seminario sobre a Memoria Histórica, dende Nova escola Galega como dos IES de Melide e o Félix Muriel de Rianxo, foron moitos os efectos colaterais que nos aconteceron, tanto positivos como negativos.

En primeiro lugar queremos renderlle un emotivo homenaxe a aquela persoas que xa non están entre nós, Xaquín Yebra Pimentel, Xesús Costa Rodil e Xiana Vilar Sopeña.

Xaquin Yebra, compañeiro e co fundador do Seminario, quen foi recordado no seu IES de Melide, coa participación do profesorado, alumnado, amigos e familiares, onde na súa honra se leron poemas, textos, escoitouse música e plantáronse árbores, e na súa casa da Nogueira, na Pesqueira, Chantada, reunímonos un numeroso grupo de amigos e familiares para darlle o adeus os pes do carballo na horta da súa casa.

Xesús Costa, quen viña participando con nós nos últimos Seminario da Memoria especialmente sobre os campos de concentración. Colocouse un monólito na súa honra no IES de Rianxo onde foi mestre, ca participación dos membros do IES Félix Muriel do Concello, Asociación Barbantia,  Comisión pola Recuperación da memoria Histórica da Barbanza (CRMHB, Seminario sobre a Memoria, amigos, compañeiros e familiares.

Xiana Vilar asistenta dos seminarios, recompilando información para o seu traballo fin de carreira, TFM, “Los caminos de la guerrilla antifranquista en Galicia como modelo de turismo memorial. Itinerario tras los pasos de “O Curuxás” y la guerrilla de las tierras de Melide y A Ulloa.”

Nos efectos colaterais positivos, tivemos a sorte de coñecer a Stergios Patakiontas Skrimbas, Macedonio, protagonista do libro Elefantes e formigas de Fernando Salgado, quen o acompañou na presentación no IES Félix Muriel de Rianxo, diante o alumnado da ESO. Stergios contounos como sufriu os bombardeos alemáns na II Guerra Mundial sendo un neno, e tivo a desgraza de perder a súa nai nun deles, el co resto da familiares foi feito prisioneiro e pasando polos campos de concentracións nazi. O rematar a II Guerra Mundial percorre medio mundo, e rematando en Vilagarcía. Durante a charla foinos relatando a súa vida nos campo nazi, o que impresionou e emocionou ao alumnado, así como ter a oportunidade de coñecer a un prisioneiro dos campos de concentración nazi.

Como consecuencia do seminario celebrado na bisbarra da mariña lucense, fomos invitados a participar na charla-coloquio, “As vivencias dun guerrilleiro”, coa participación de Francisco Martínez, “Quico”, e Fernanda Cedrón, o remata da charla puidemos visitamos o “zulo de Valiñas” onde supostamente estiveran acubillados algúns guerrilleiros. Durante a charla corre o rumor de que entre o publico había un garda civil, o que si era certo, este feito fixo que outro dos asistentes, o escritor Lionel Rexes, lle xurdira a idea para escribir a novela narrativa, “A raíña das velutinas”, onde os personaxes somos os participantes ao acto. Gañando o XXIII edición de novela corta Manuel Lueiro Rey,

Outro efectos colaterais e emocionais foi a lectura da carta, como parte do homenaxe do seminario sobre a memoria, que Vítor García o fillo de “O brasileiro”, fixo diante da tumba de seu pai, no cemiterio de Moalde, quen soubo onde estaba soterrado despois de 70 ano, e descubrindo que fora asasinado polos seus propios compañeiros do PC e non pola garda civil como lle fixeran crer, Vítor a partir dese día, forma parte da familia do seminario sobre a memoria, acompañándonos cada ano.

Francisco Martínez, o guerrilleiro “Quico” e e a neta de “O gardarríos” Fernanda Cedrón, cada ano son requiridos polos IES de Melide, Rianxo, Pobra, Valga…, para falar co alumnado sobre as súas experiencias nos períodos da Guerra Civil e o franquismo, polo normal as charlas esténdense máis do programado, polo interese que amosa o alumnado, querendo coñecer mellor este período da historia de Galicia e España.

Nos últimos anos vimos colaboramos nos homenaxes celebrados no campo de concentración de Rianxo. O derradeiro ano sobre “ás mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e a todas as mulleres represaliadas e solidarias”, cun recordo especial a guerrilleira Chelo, falecida en Francia os 100 anos, no acto contamos ca intervención de Quico amigo dela, e das mulleres en representación do Concello de Rianxo, Nova Escola Galega, asociación Barbantia, Comisión pola recuperación da memoria histórica do Barbanza e o IES Félix Muriel, así como Fernanda Cedrón, e Dolores Rodríguez Sende, “Lola a Carreteira” filla dunha das mulleres que deron alento os prisioneiros, acompañados do grupo musical Barahúnda e Xosé Luís do Pico e todo elo levado da man de Tero Rodríguez

Por último, participamos no descubrimento da placa homenaxe á escola da I República de Rianxo, no edificio coñecido como cuartel vello, e que hoxe ocupa a oficina de turismo e escola de música. Démoslle o nome de “Curuxas” a unha das alas do IES de Melide, e colocouse no IES Félix Muriel de Rianxo unha placa en memoria dos ensinantes represaliados durante o franquismo.

Un comentario en “Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais

  1. Prezado Carlos:

    Parabéns por esa inxente labor e polo rigor co que sempre organizas todas as actividades. Tamén quixera felicitar a don Xesús Costa, estea onde estea, e a Fernando
    Salgado (recente compañeiro neste café), polo seu sincero compromiso coas causas
    máis nobres e descoñecidas da historia. Limítome a eles porque, de todos os que citas, son os únicos que coñecín persoalmente.

    Apertas rianxeiras!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *