A voz da escola

abrir-la-puerta-con-la-manoX. Ricardo Losada. En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non había ningún compañeiro na aula. Como vivía a 200 metros do instituto, foi andando soa para a casa mentres vía unha longa ringleira de autobuses afastarse rúa abaixo cara aos diferentes e variados destinos dos seus compañeiros. Entón recordou algo que lle dixera o profesor de Ética uns días antes: Pensade no momento en que chegades á casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio?

     Ela nunca o pensara así e decatarse de que preferiría ir a outro sitio cando a propia casa debería ser, segundo tamén dixera ese profesor, o lugar onde máis desexaría estar, provocoulle unha enorme congoxa interior. Desde aquel día non era só que non lle apetecese ir para a casa, era que sabía que non lle apetecía, e esa nova conciencia facíalle a vida máis dura pois animábaa acotío, ducias de veces, a escapar e non volver nunca máis. Sae do instituto, oía que lle dicía esa nova e teimuda voz, colle un autobús e desaparece como desaparecen moitas mozas valentes da túa idade, fartas de oír berrar os pais, buscando silencio.

     Ao saír do ascensor, sacou a chave da carteira e meteuna na cerradura mentres oía de novo o profesor de Ética: Pensade no momento en que chegades á casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio? A outro sitio, díxose mentres pousaba a mochila no pequeno cuarto que compartía con tres irmáns, e sentía que, con aquela frase, o único que conseguira o profesor de Ética fora facerlle perder o apetito, mesmo naqueles días nos que había eses espaguetes que eran, sen que os pais o soubesen, a súa comida favorita.    

5 comentarios en “A voz da escola

  1. Prezada Naty:

    Non te preocupes pola demora en comentar o texto. A un sempre lle gusta que lle fagan algo de caso, en prazo ou fóra de prazo. Para máis, cuns comentarios sempre tan acaídos e fermosos. E cun cariño que nestes tempos de redes fecais, perdón, sociais, tanto se agradece.

    Eu tamén valoro moito a discreción e, por iso, moitas veces síntome un pouco anacrónico, por non dicir anticuado. Se o que che pasou a ti con esa parella de adúlteros, sucedese hoxe, non terías ningunha dúbida sobre se publicalo ou non. Xa eles mesmos se encargarían de retransmitir o achuchón en directo. E as respectivas parellas non o tomarían a mal. Unha cousa é collelos en coiro no mundo real e outra moi distinta no mundo virtual con “tropecentos” likes. Quen non soñou algunha vez cunha parella “trending topic”? Creo que mesmo te animarían a participar na festa.

    Unha forte e agradecida aperta!

  2. Querido profesor:
    Una bonita y profunda narrativa, “A voz da escola”. Y digo profunda porque al abrir una puerta que no sea la nuestra podemos, en ocasiones, encontrarnos con una desagradable sorpresa.— Como la que me ocurrió en mi niñez cuando iba a entrar en una casa, pero ante el panorama que me encontré, decidí no entrar en la misma, procurando cerrar la puerta con el mayor sigilo, para que los goznes de la misma no “chirriasen” y al verme los protagonistas, dándose un profundo y “caluroso abrazo” con la mujer de su prójimo, vivieran bajo el temor de que yo, como niña, pudiera “dar al pico” y les cayera encima la de San Quintín. Ni lo comenté en mi casa, a pesar de que mi familia era, y es, de una gran discreción. Desde entonces, la única puerta que abro sin temor es la mía, pero mucho más, desde que he mandado instalar una alarma.
    Antes, cuando me desplazaba dos o tres días, al volver, preguntaba al entrar en el vestíbulo: hay alguien? Incluso en ocasiones, dejaba una nota que decía: “cielo, estoy en el segundo, bajo enseguida”, para que creyeran que, en la casa, había más personas que yo.
    Ás veces o medo fainos reaccionar así.— No cabe duda que el miedo, agudiza los sentidos. Sin embargo si una persona al ir a su casa siente temor al entrar en ella— deduzco es por algo—, mejor no entre.
    Y termino diciendo que si en tu casa sientes miedo, te preocupa entrar… Mejor irnos a otro lado, ya que nadie puede vivir bajo una tensión constante en su propia casa.
    Disculpa por contestarte tarde, mal y a rastras, pero sé que eres un caballero y respondes amablemente. ¡Gracias!

  3. Prezada Magdalena:

    Por unha vez, e sen que sirva de precedente, non acudir ao teu famoso e fértil caderno foi unha sabia decisión. Non creo que haxa mellor forma de comentar este texto que a que ti fas. Encantoume.

    Alédame moito saber que desexas entrar na túa casa cada vez que entras. Agora compréndoo moito mellor que antes da nosa visita.

    Outra forte aperta!

  4. Hoxe, o meu subconsciente non quixo facer de reloxo despertador como cada mañanciña. Descoñezo o motivo pero, tiven que saír a dar a camiñata diaria fora do horario afeito.

    Cando estaba almorzando, mirei o móbil para saber quen se asomara pola Cafetería e vin que eras ti. Lin o artigo, acabei a tostada, e prepareime para saír.
    Non tiven que meter a chave na porta porque xa estaba posta. Naquel momento apetecíame saír da casa mellor que quedarme nela.
    Xa de camiño fun pensando a qué libreta tería que botarlle a man para contestarche. Non se me ocurría ningunha.
    A medida que iba facendo a distancia, iba tratando de perjeñar a resposta, e nada. Non sabía que dicirche, só pensaba que, cómo non podía saber responder a algo tan sinxelo e ao mesmo tempo tan orixinal e fermoso?

    Acabouse o traxeto dos cinco ou seis quilómetros entre ida e volta e o único que se me ocurría era mentar para mal a Lourenzo, que por saír eu da casa máis tarde do debido xa iba picando forte, e a esa hora non acostumo a botar crema protectora.

    Ao chegar, tampouco tiven que meter a chave na porta, estaba J.M esperándome. Pensei no teu artigo e nese profesor que lle dicía aos alumnos se preferían entrar ou ir a outro sitio.
    Eu estaba desexando entrar.

    Un pracer lerte, querido profesor. Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>