Miradas no camiño

soymimarca_identidadMarina Losada Vicente. Chamábaste Mariano a mañá que te vin, por vez primeira, sentar na porta da túa casa e decidín, sen preguntar a ninguén, que eras mariñeiro, prexubilado e forte coma un buxo. Chamábaste Mariano no tempo no que alumabas o meu camiño ao traballo, cun sorriso claro e tenro, reclamando a miña atención como un adorable oso panda. Chamábaste Mariano cando empezaches a cubrir a cabeza cunha gorra, perdida a mirada, esvaecendo día a día a propia sombra.

Chamábaste Mariano estas semanas nas que che botei de menos. Estrañeite moito, gustaríame oírme dicirche, mais hoxe a fenda é insalvable.

Chamábaste Mariano e eramos dun tempo, acabo de sabelo.

Chamábaste Mariano sería un bo título para este relato, mais xamais pronunciei o teu nome.

Chamábaste Mariano, leo na necrolóxica, na que te recoñecín pola dirección da túa casa.

2 comentarios en “Miradas no camiño

  1. A morte é irremediable, a maioría das veces, e case sempre cruel, certo, Magdalena. Máis a vida podería ser moito mellor se a acompañásemos de pequenos xestos como pararse a falar cun veciño. As persoas somos avaras, ata o extremo de miserables, na organización dos nosos tempos. Bicos.

  2. Nada ten de particular que se vaia para sempre un home (ou muller) ca vida absolutamente cumprida, pero polo que sospeito, Mariano aínda non estaba nesa fase.
    Foi unha pena que o destinatario dese sorriso o levase para o outro mundo deixando nostalxias neste. A vida é así de cruel.
    Moitos biquiños, Marina. Preciosa entrada e precioso dibuxo.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>