O rabaño

woman-standing-beside-black-and-brown-animals-thumbnailDomingo Regueira. Lavados, “pranchados” e mudados, a xente sae aos camiños como se fosen para votar. Os clans pechan as casas e, cheos de fe, entregan o brazo á “vacina milagrosa”. No talleiro, mentres lles debullaba unha espiga ás galiñas, Prudencia indagaba:

Pelaia…! A onde vas tan disposta?

Voume pinchar, porque que xa me chamaron.

E sabes que che van meter? Porque, se cadra, antes deberías consultalo co teu médico para saberes se a podes levar.

Pois non. Non se che me pasou polo caletre!

Pois se che dan reaccións adversas o teu Hipócrates non te vai atender. Vaite mandar queixar a quen che puxo o óxido de grafeno.

Ai! Pois tampouco reparei niso.

Tamén o meu rato pensou que o queixo mo daban gratis.

Xa me estás dando que pensar. E iso do grafeno, que é?

Pois éche coma unha espiga de centeo, que se cha meten polo calleiro xa non ten volta atrás, e esténdeseche polos vasos sanguíneos e os pulmóns provocando tromboses, encefalites, miocardites, cegueira, dolores musculares, tremores sísmicos, abortos, coagulación tóxica e outros males. É peor que se che metesen o demo no corpo. Ata te poden esterilizar!

Ai muller! A min cos meus 65, pouco me vai prexudicar, e despois do que gastei na perruquería, non sei que me dá non ir.

Si. Vas moi joapa; parece que fuches ao mesmo perruqueiro que Boris Johnson.

…E, se van todos, eu non quero dar a nota; non vaia ser que, por non ir, me colla o fodido virolo. E estou vendo que vai toda a parroquia, incluído o Reverendo.

Xa vexo. Parecedes a Cañada Real no esplendor da transhumancia co cabreiro á fronte. Ides abertas de corpo, como se vos chamasen para a “festa do polbo”.

Ti tes moita papilla. Pero eu xa vin na televisión como carrexaban os mortos. E Susana Griso, Risco, Pedro Sánchez, Belén Esteban, Jorge Mario Bergoglio e o periodista chocho, Fernando Jáuregui, todos nos din que corramos a inmunizarnos antes de que se acaben as xiringas. E cando avisan, por algo é!

Se fose para explicarvos como os Bancos se vos van escapar cos aforros, non vos chamaban.

Mira, Pruden, déixame ir, que non se vaian marchar os pincheleiros.

–“El que por su gusto muere hasta la muerte le sabe”.

Non creo que morramos todos os que imos. E, de ser así, non quedariades máis de catro gatos.

Cantos menos vultos, máis oxíxeno. Se tes sorte e che fan un simulacro coma aos políticos, pódeste zafar; pero como che metan o vial enteiro, xa te patea no acto.

Ai Pruden…! Non me asustes!

Segundo di Mylo Canderian, se che toca o vial do 20 % aínda podes durar uns 8 anos. O ciclo é de 10 para todos os marcados, pero se che toca o do 100%, mellor fose que vos electrocutasen coas pranchas dos infartados, Deus me perdoe!

Voume!! Porque se che fago caso perdo a ves, e os cartos da permanente.

Vaite. Por avisar non quedas!

Os quitaremos ‘TODO’ y sereis muy felices” (Klaus Schwab).

9 comentarios en “O rabaño

  1. Amigo Mingucho:
    Entre los “ajetreos” de estas Fiestas Navideñas, arreglo de casa y compras… No me ha sido posible estar contigo. Discúlpame
    Bueno, no seas tan modesto. Tus narrativas son de lo más ameno. Nos hacen reír y pasar unos momentos graciosos. ¿Qué en ocasiones nos alargamos más de la cuenta…? Nos pasa a la mayoría.
    Menguarán las habilidades, pero se ven compensadas por otras. Al parecer, con la edad, se acentúan otros valores.- Dicen que si eres “un cardo borriquero”…, más cardo todavía con los años.- Pero también es cierto que si eres buena persona, y encima educado, se acentúan mucho más.
    No creo que haya mucha “catarata” por el Café Barbantia, ya que sus “tertulianos” todavía son jóvenes. Y si por edad, alguno tuviese problema…, en un “pispas” le dejan nuevo los oftalmólogos; como en este caso han hecho conmigo.
    Cuando pueda verte, quiero que escuches a “O rebaño” porque francamente, contado con acento rural, pienso que suena bastante bien, pero esto debes decirlo tú que eres su autor. Y termino.
    Dejemos atrás el viejo año y dispongámonos a disfrutar del nuevo sin “bozales”. ¡¡FELIZ 2022!!

    P/D: Tentei golpear o pano coma Felisa, pero non puiden facelo coma ela.

  2. Muy apreciado Mingucho:
    Con esa larga y “desmesurada” respuesta, me has dejado para el arrastre.
    De verdad que ya no sé por donde empezar, atacar o como quieras llamarle.

    Luego me presentas a una tal Felisa, que ni conozco de vista. Si por lo menos se llamase María o Encarnación, podría hacer memoria, porque son las onomásticas que más se proliferan por aquí. Pero eso no ha sido lo peor, sino que la “susodicha”, paño en mano, va limpiando todo lo que encuentra por delante, dando más vueltas que una “noria”, y sin sentir fatiga alguna. ¡¡Bendita vacuna!!, si los efectos son esos.
    Reconozco que entre el paño y las vueltas y revueltas que la Felisa se daba…, el cansancio, la fatiga, la he sentido yo. Y encima, por si esto fuera poco, me encuentro ante un texto de tal dimensión…, que ya no sé por donde tirar. Mal si empiezo por el principio, o por el medio. Y si decido decantarme por el final…, solo me resta darte las buenas noches y decirte hasta mañana.

    Buen descanso desde el Vilar.

    1. OLA AMIGA NATY:

      Como sabes, eu, dentro da miña cutre narrativa procuro ser breve pra non fastidiarlle as cataratas a xente que estimo.

      Procuro facelo o mais ameno e soportable, pero cada un. Xa sabes. Vánsenos minguando as habilidades.

      Quixera dispoñer da axilidade de FELISA, na miña retórica, pero ao final, mira a pobre a onde foi dar.

      Saúdos de pano pranchado, dende O Eitón, amiga e simpática veciña. Xa me fixen unha idea da túa performance “soliloquio”. Moi lucida por certo.
      Bicos.

  3. Querido Mingucho:
    Se agradece tu satisfacción, por haberte llegado mis ondas electromagnéticas hasta ti, por medio de la Cafetería Barbantia.
    Una se expresa como puede y sabe, pero confieso que prefiero el vis a vis por considerar que me defiendo mejor hablando que escribiendo. Aunque si tengo que hacer honor a la verdad, me encanta asomarme por aquí para leeros aunque no siempre conteste. Sin embargo, me place echar la visual para “saborear”, de alguna manera, todas esas magníficas entradas que unos y otros escribís diariamente.
    Me parece muy bien, que no te dejes “embaucar” por el primero que llegue; “votando a palla pra un lado”, y quedándote con lo mejor.
    Quisiera decirte también que, si me comparas con toda esa gente que está “enganchada” en la tele, te equivocas porque soy poco televisiva. Me inclino, sobre todo, por algún que otro debate que pueda interesarme, y poco más.
    Mi entorno social, como sabes, ha sido vivir con los de “bata blanca”, como cariñosamente les llamo. No en vano he trabajado 34 años en un Hospital, además de haber sido sobrina, cuñada, y mujer de médico. Ahora jubilada, sigo con ellos como si fuera una más de la familia, por su trato, pero en condiciones que no son las más agradables precisamente.
    Con todo esto y para terminar, he querido decirte que, en los años vividos con ellos en el Hospital, me han dado la suficiente confianza, para conocer el sistema en lo bueno, y no tan bueno, porque de todo hay en la viña del SEÑOR.
    Podría responder a esos debates que me has enviado, con soltura, pero como considero que es un tema muy personal y delicado, lo dejo para cuando nos veamos en persona, pero con mascarilla.
    Y termino porque me he pasado. Sin embargo, reconozco que lo he hecho con gusto
    ¡Ah!, y si has interpretado como buenos mis consejos, te lo agradezco. Lo hice por considerarte un buen amigo y persona.

    Un beso, desde O Vilar.

    1. Admirada e apreciada Naty:

      Como o malvado virolo, coa súa toxicidade, pode incluso chegar a discordarnos, mándoche a FELISA, para que non te enfades con migo. Que conste, que che aprecio moito, e por culpa do vicho, non vaimos a saír a ventá ou enredarnos a pedraadas.

      FELISA
      Dende que a inocularon, Felisa decatouse que o seu corpo sufrira unha alteración fisiolóxica. Algo así, como un efecto elevado de conciencia, que ela, non sabía como explicarllo ó seu home.

      Felisa, sentíase flutuar. Levitaba. Apenas pousaba no chan ao tempo que percibía un místico gozo espiritual. (Vivo sin vivir en mi)

      Aboiaba. Era como unha bolboreta deslizándose co trapo do po. Limpaba canto atopaba por diante sen sentir fatiga algunha.
      Ela intuía que a vacina era un ben do ceo; un regalo de Deus: Admiraba a Jorge Javier, Belén, a Susana, a Ana Rosa, a Pedro, ó Papa, a Risto e a canto pregoeiro, animaba a inmunizarse co sintético, milagreiro elixir.

      Non paraba. Tiña a casa fulgurante i estaba pensando en ofrecerse para limpar casas alleas, porque era incansable e desfrutaba pasando o pano.

      De alí a pouco, percibiu que polo ar, chegaba un tenue son do baile dos “pajaritos”, i esta melódica canción, marcoulle un ritmo que aínda lle facía mais grata a faena de pasalo trapo; pois desta maneira, os movementos harmónicos e rítmicos do trup-trap, eran levados por un automatismo paranormal. Tanto así era, que decidiu non coller o coche para ir de compras, xa que se desprazaba, coma unha patinadora de ballet artístico.
      Cando subía con airados pasos polas ramplas barcelonesas, tiña que botar man das farolas e dar unha reviravolta; pero nestas xirádelas, á Felisa, foi collendo altura e outeou que detrás dela —coma figuras de Marc Chagall—, arrastraba unha inmensa estela humana que a modo de tornado, aducía canto xeolocalizable atrapaba pola rúa.

      Estes neuro-estimulados pola LUCIFER-ASE, atrapados pola mesma sintonía, que ao parecer brotaba das antenas G5, adheríanse disparados a estela de Felisa.

      Viandantes zombis, inocentes almas cándidas e pensionistas lendo o periódico, eran aducidos por unha estraña forza electromagnética.

      Coma unha ficción, o Céfiro arrastraba polas ventás de edificios, autobuses, coches, residencias, cuarteis, igrexas, conventos, bordeis, e a canto convencional grafenado, atopaba polas rúas, formando unha bobina semellante a un furacán caribeño que medraba exponencialmente.

      O vórtice dou unha pasada polos aires da cidade, arrastrando consigo ao 70 por cento da poboación inoculada có óxido letal: Curas, bispos, cardeais, xornalistas, trans, monxas, enfermeiras, rastreadores, garda civís, municipais, católicos, convencionais e ortodoxos, sen rechistar; deixábanse ir a chamada do “Reinicio” —pensando que ían formar parte da reserva dos 500 millóns elixidos—, e convencidos que o novo Noé, cos brazos abertos os estaba esperando na proa do transatlántico.
      Formando un dantesco UFO de aterrorizastes dimensións que escurecía a cidade, desprazábase este fenómeno galático, cara o mar das “pateras”.

      Interrogantes e pasmados, negacionistas, conspiranoicos, insurrectos e secesionistas, despedíanos —co pano da man usado—, mentres pros adentros, rezaban pa que a roda seguira cara o MareNostrum. Non fora a que dese volta.
      Aquela horrible plataforma situada enriba do mar, comezou a dar lóstregos e sísmicos estoupidos —coma as bombas do Santísimo, descompoñéndose en materia subatómica. (a cal ven a ser, a dos defuntos cando pasamos a outra dimensión, como espíritos elementais, que só saben xogar a ouixa, e darlle sustos as vellas).

      De maneira, a gran roda foise desvanecendo ata desaparecer nunha indescritible, intanxible e incorpórea masa, incolora e inodora: Esfumouse!!!

      Cando a roda se desintegrou, disolveu e desapareceu: Insubmisos, cismáticos, nihilistas e asintomáticos sans, fixeron unha roda celebrando a despedida dos inxenuos imantados, estólidos, e inocentes babecos, brincando unha Sardana e pospoñendo o réxime, que a NOVA NORMALIDADE nos depara; Que vai ser, un PANDEMONIUM.

      Este conto, inda non pasou polo Sr. Censor, lingüístico, ortográfico, estrutural, funcional e dimensional. Por elo aí che vai.

      Apertas on-line, dende O Porto.

  4. Apreciado Mingucho:
    Lo tuyo es de “juzgado de guardia”. Siempre con las mismas “monsergas” sobre la vacuna. Es que no puedo entender que una persona tan preparada; con unos conocimientos como los tuyos, le dé tantas vueltas a la “noria”. De verdad que no lo entiendo.
    Lo bueno es que, a pesar del “sarcasmo” que le pones a tu narrativa, lo pasamos muy bien leyendo como “ridiculizas” el tema de las vacunas. Es verdad que lo haces “salpicado” de un cierto humor negro, metiendo el miedo en el cuerpo, a todas las Marías vecinas. Menos mal que cuentan con la parte animosa de toda esa retahíla de personajes televisivos, que tu mencionas, animándolas con urgencia a que se vacunen porque corren el riesgo de que se acaben “as xiringas” y no puedan vacunarse.
    Entre otras cosas, lo que me gustó, ha sido el humor que le has echado a Boris Johnson, la fiesta del pulpo… Y, ¡como no!, lo que le dices a nuestra gran comentarista Magdalena.

    Confieso que he intentado ser sincera. Sin ánimo de ofender, ni enseñar a nadie. No ha sido mi intención esa.

    Mi recuerdo cariñoso, desde Palmeira.

    P/D: Quisiera añadir que “O Rebaño”, me ha sugerido un cierto “soliloquio” donde sola, y dándole volumen a mi voz, he tratado de “emular” a los personajes de tu narrativa. Me reí como no puedes imaginarte.

    1. Apreciada Naty:

      Sentín una gran satisfacción, o ver chegar as túas ondas electromagnéticas ata o Café Barbantia, con esa graciosa, esvarante e deslízante forma de expresarte. Encomiable.

      Vamos o noso:

      Como sabes eu teño a miña cutre manía de cuestionalo todo.
      Intento non deixarme embaucar polo primeiro que chega, e tomo nota daqueles —votando a palla pra un lado—, de canto de proveito din.

      Como só vexas a televisión, e asumas canto soltan sen cuestionalo, isto pódeche levar o inferno, a ti, e a soberanía popular —que vindes a ser a maioría—, a cal pode facervos cómplices, do que nos espera a volta da esquina.

      Mándoche unhas páxinas de vídeos, do teu entorno social para darche unha pista por onde ven a miña teima.

      A ver si te apañas para abrilas.

      Logo, me contas.

      Graciñas querida Naty, polos teus bos consellos.

      Bicos dende O Porto.

      https://elarconte.tv/video/chinda-brandolino-sobre-las-vacunas-salud-digital-elarconte-tv/

      https://www.facebook.com/carlos.devilanova/videos/1309120586199645

      https://elarconte.tv/video/sacerdote-y-medico-condena-el-uso-de-las-vacunas-experimentales/?fbclid=IwAR12mZtJdEpC2eM1KsE8f57CzLbl8TWp5NCL4qOS0yiOQd8BYwTm8ffFx44

  5. Estimada e prezada Magda:

    Agradecido polos teus sabios e fraternais consellos.

    Si te fixas, eu non recomendo nada. E si discrepas con “Pruden”, diríxete a ela.

    Non quixera —salvo despiste, recomendarlle a ninguén que se “vacine” ou non; por que despois si morren, poden cargarme a culpa a min. Eu simplemente lle recomendaría (si me pedisen opinión, cousa que ninguén me pediu), que se ilustren sobre o que lle van a meter no corpo, sobre todo aos inocentes nenos antes de cedelos a unha “patente…”.

    <>
    (Oscar Wilde)

    Os médicos de antes, facían un “xuramento hipocrático”. Agora a maioría preguntan: E iso que é?.

    Esta non é unha vacina biolóxica, querida veciña; é un produto sintético, con nano partículas radio modulables. Concepto que non está o alcance da “soberanía popular” que vimos a ser a maioría, que elixe aos ilustrados gobernantes. Así nos vai.

    O que ti citas sobre as «sete leis fundamentais da estupidez humana», a min quedoume como paradigma a SEGUNNDA LEI FUNDAMENTAL:

    <>.
    (Carlo María Cipolla)

    Como ben sabes, Magda; de fabulas, frases, contos e relatos de conspicuos personaxes, sempre aprendemos algo.

    Forte aperta, e que sigas animando o “Café”, coas túas estimadas e magníficas intervencións.
    Un bico.

  6. Noso querido Mingucho:
    Lavados, planchados e mudados, fomos onte á presentación dun libro todolos vacinados coas nosas respectivas máscaras postas, cousa que vós, os non vacinados, non podedes facer. Eu prefiro vivir con calidade dez anos, e non vivir vinte encerrado na casa. Todo é cuestión de prioridades, xa ves.
    Aquela horiña e pico que estuven en moi grata compañía e escoitando anécdotas fantásticas de quen as sabía contar coa gracia que o caracteriza, ti, desperdiciástela por non pertencer ao “rebaño da Cañada Real”. Xa sabes aquilo que dixo Aristóteles, “El hombre es un animal social” e os que non queredes espantar coa vacina o “fodido virolo” a sociedade, téndela que levar a cabo nas catro paredes da vosa casa. Pero como dicía Pirandelo”Así es si así os parece”.

    Fai uns meses lin un libro que me encantou, “Allegro ma non tropo” e dicía nunha das súas páxinas que a persoa intelixente sabe que é intelixente. O malvado é consciente de que é malvado. O incauto está penosamente imbuido na súa propia candidez. Ao contrario destes persoaxes, o estúpido non sabe que é estúpido e contribue a dar máis forza, incidencia e eficacia a súa acción devastadora. Eu sei que ti non eres estúpido porque eres intelixente e unha persoa chea de bondade. Non te deixes levar porque te estás facendo dano a ti mesmo.

    E como acabas con unha frase do famoso economista alemán, eu remato con outra que non recordo de quen é.
    “Incauto fui, hasta que me caí ”

    Moitos biquiños, noso Mingucho. A ver si un día chos podo dar persoalmente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *