Cachiman -home cachas-

hombre-fuerte-2500409Marina Losada Vicente. Hai castelos difíciles de derrubar. Xaquín era un deses. Un cachimán. Atlético. Alto altísimo, ombros anchos, lombo recto, peito botado para diante… Un león paseando pola sabana. Unha besta perdoa vidas. Un animal de taberna ante o que retrocedías en calquera circunstancia, mesmo calado.

Berta era unha muller normal  á quen a idade empezaba a empurrar cara atrás, os pés grávidos de mais e as mans baleiras.

Os anos, o desexo sexual, o amor cego por un Xaquín indiferente e pasota ata a provocación, anímana a dar o salto, na certeza de que é o último cartucho.

Aquel fin de ano, a persistencia de Berta tivo premio, entrando xa na madrugada. Para que entrar en detalles? En setembro naceu Ana, unha nena destinada a amansar a fera, que cinco meses antes decidira que aquelo era o seu problema… e que se obrigara a cumprir. E cumpriu, ata hoxe.

Xaquín, polo que ninguén daría un peso, é hoxe un pai exemplar. Un compañeiro exemplar. Un veciño exemplar. Relaxado, feliz, atento… todo o contrario do que sería de seguir pagado de si mesmo, pensa a sogra, quen rifou polo eternos cando soubo quen era o pai da criatura.

-Non lle quixen ben ata o día que lle vin cambiar o cueiro á nena e sacala de paseo no carriño! -confésalle á consogra.

-Se o meu finado levantara a cabeza! -replícalle.

Un comentario en “Cachiman -home cachas-

  1. Marina:
    Lo nuestro era de “piñón fijo”, ya que todas las mujeres del entorno familiar, preferíamos un hombre alto, “no cachas”. Tal vez el motivo fuera porque, en mi familia, todos éramos altos. Mi hija la pequeña mide 1,80 cm y sus hermanas, más o menos.

    Dicen que los “cachas” no suelen dar buen resultado porque viven inmersos en sus “músculos”. Sin embargo, no hay que fiarse, ya ves al Xaquín de tu historia.

    La mayoría de los hombres dicen que suelen cambiar una vez casados, pero sobre todo, cuando se sienten padres. Iso lle pasou ao Xaquín da túa narrativa.

    Una vez más, un gusto leerte.

    Mis saludos desde mi querida Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *