Un anarquista en Nova York

Amor_que_se_afirma_Claro_Jose_SENDONPastor Rodríguez. A maioría das fontes biográficas anotan como data de nacemento de Claro José Sendón a de 1899, en Louro (Muros), pero Dionisio Pereira, no seu traballo de 2006 no anuario Barbantia, anota que naceu en 1902. Sexa como for, non hai dúbida de que foi unha das máis grandes figuras do anarquismo galego, en Galicia e en América. Emigrado en Arxentina, nese país fai o descubrimento das loitas sociais e da ideoloxía anarquista.

Na capital arxentina foi estibador, camareiro, mariñeiro e repartidor de xornais. Alí vincúlase ao xornal Cultural Proletaria. Volto a Galicia en 1932, pasa a exercer como director de Solidaridad Obrera. En 1935 traballa como mestre dos fillos dos mineiros en San Fins (Lousame). A Guerra Civil sorpréndeo en Huelva, cidade á que fora para aconsellar o Sindicato de Industria Pesquera. Logra fuxir nun pesqueiro a Casablanca e de alí a Alxeria.

Vencellado a Federica Montseny, interésase polos experimentos colectivizadores de Adra (Almería). Tuberculoso, inicia unha xira a prol da República Española por México e Norteamérica. Falece na cidade de Nova York en 1937.

O seu labor de escritor desenvólvese, sobre todo, nos xornais anarquistas, mais tamén foi autor da novela curta Amor que se afirma, publicada en 1934. Foi tamén colaborador do xornal CNT e da súa figura ocupáronse D. Pereira e Eliseo Fernández, que o incluíron no Diccionario do anarquismo galego, e está tamén presente en Trasterrados. Diccionario do exilio galego (2005).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *