Marina Losada Vicente. A visita da súa cuñada, tan pouco frecuente, déralle mala espiña. Áurea escoitou como lle insistía a Xermán para que esquecese a idea da mellora. Debería tratar os sete irmáns por igual, porque non é propio dun corazón recto premiar a quen o coida, menosprezando a quen querendo, non tivera ocasión de facelo. Aseguroulle que as dúas irmás monxas, o cura, o viúvo sen fillos, o outro irmán casado, se non vivisen tan lonxe, e mesmo ela, de gozar da saúde, estarían gustosos de facelo.
Áurea levaba atendendo a Xermán, con problemas serios de mobilidade, desde que faltara súa sogra e mesmo antes, que tamén esta precisou axuda nos últimos tempos, sen recibir nada a cambio, a pesar das dúas pensións que tiña seu cuñado, unha como funcionario e outra por mutilado de guerra. A casa na que este habitaba, que era de todos os descendentes de dona Pura, caía a cachos, mais na súa conta bancaria adurmiñaban un cento de millóns de pesetas.
Desde o mesmo momento en que sae a súa cuñada pola porta, Áurea séntese indisposta. Para asear e barbear a Xermán chamou a Pepe. Para facerlle a limpeza, viñeron Rosa e Alex. Da compra e da comida, encargou a Benito. Para sacalo de paseo, Xoán. A que fixo de taxista para levar o tío ao médico, e despois á notaría, foi Maruxa. Durante toda a semana desfilaron os fillos e as fillas de Áurea polos corredores da casa. Os seis. Todos os días.
Diante da notaria, Xermán mantivo que non ía facer mellora algunha a favor de quen o atendía, costume que, como mantiña súa irmá alí presente, estaba fóra de lugar para almas nobres. Testou sete partillas idénticas -un corazón xusto non menoscaba a ninguén-, incluíndo tamén a Tomás, o fillo do irmán que vivía en Londres, ao que non vira en anos. Os lustrosos cen millóns de pesetas foron divididos entre os sete sobriños vivos -un salto xeracional que ninguén se explica-, seis deles da liña sucesoria de Áurea, que se recobrou de contado de todos os males daqueles días.
Es verdad Marina:
En ocasiones, si surge el tema de las herencias, sueles oír: É mellor non ter nada.
Un bico.
Apreciada Marina:
No te digo mucho más, sobre las herencias, porque algo te había comentado en otra ocasión.
Triste, pero el 99% de las discordias familiares, entre hermanos, se originan cuando realmente conocen los resultados del testamento.
Un beso. Y como siempre, un placer leerte.
Hai quen afirma que mellor non ter nada… Bicos Naty.
Os testamentos son motivo de desputa, de enfados e de separación para moitas familias. Se xa pelexamos por un cacho de terra, que non se fará por unha herdanza.
Un costume moi galego era que o fillo ou filla máis novo quedase a vivir na casa, coidase os pais e quedase tamén coa casa. Pero é certo que os problemas non veñen cando se fai o testamento, senón cando se abre!
Onte mesmo. en Informe Semanal, falaban diso. A posibilidade de declarar xudicialmente a un fillo “non familia” cando podendo pasa do pai ou da nai. No caso de que te quedes na casa e que os pais tomen esa decisión, cando os demais cumpren na parte que lles toca, todos teñen, para min, dereitos hereditarios
Saúdos.Óscar. Vémonos venres na presemtación do teu libro