Da personalidade na arte

Remedios-Varo-1.png-1Fidel Vidal. A aposta naturalista na arte foi entendida como unha creación, unha crianza, tal e como fai a natureza, esquecendo que o ser humano se move dentro de parámetros distintos, derivados do aporte cultural que nos leva a encontrarnos nunha realidade -o mundo-, cualitativa e substancialmente distinta da natural-biolóxica. De igual forma que a planta, desde a semente, agroma, medra, ramifícase e florece, etcétera, así se interpretou que o creador, desde a espontaneidade inconsciente, se puña a criar/crear a súa obra. Unha obra xurdida e desenvolvida unha vez que o autor puxese en marcha ferramentas e habilidades, só coa idea de que ela se fixese a si mesma, case á marxe da intencionalidade do creador que, de habela, esta, a intencionalidade, permanecería oculta até que o crítico avezado ou o analista ocasional a descubrira: as palabras encol da arte, A palabra pintada, tal como ironicamente explica Tom Wolfe.

Neste punto conectamos co surrealismo derivado do automatismo e promovido por André Breton e que,  á marxe das derivacións mediúmnicas, algúns surrealistas -sospeito escasamente imaxinativos- tristemente caeron. Unha orixinalidade nada ou pouco brillante que agardaban de (le)tais prácticas e, aínda nas mellores e máis alentadoras condicións, ao final terminaban sucumbindo nunha apagada uniformidade: a “normatividade” de perfís pseudohistéricos, non histéricos, porque a histeria pode ofrecerse sublime, incluso xenial, na súa posta en escena, como é caso do poeta Fernando Pessoa cos seus heterónimos.

Malia a sentenza de Dostoievski, “A beleza salvará o mundo”, arriscamos e apostamos por unha arte entendida desde a óptica que se amosa en contra do gusto (do “me gusta”, tal se tratase dunha ostra ou dun caramelo), e do naturalismo, coa saudable ou malsá intención de salvar o home artista da bioloxía e facelo verdadeira e lúdica/lucidamente home; home cultural como nolo aprende Freud, en malestar consigo mesmo, produto e produtor de cultura, quen, como tal home, será produto e reprodutor por ser o que é. Porque no xogo creador, e só nel, tanto o neno coma o adulto, poden crear facendo uso de toda a súa personalidade. “O individuo descubre a súa persoa só cando se amosa creador”. Na busca desa súa persoa, o suxeito de que se trata puido producir algo valioso en términos artísticos, sen esquecer que, mesmo un artista de éxito rodeado pola aclamación universal, é quen, sen embargo, de “atopar a persoa que busca” (Winnicott, D.W., Realidade e xogo). Ser un mesmo, sabendo o difícil que supón saber que é ser un mesmo.

5 comentarios en “Da personalidade na arte

  1. Tienes razón Fidel:
    La belleza también podemos encontrarla en ciertas escenas apocalípticas, como pueden ser un volcán o un tsunami.
    Es curioso, pero la belleza y la tragedia, en ocasiones, van unidas. Y no por ello dejan de ser extraordinariamente bellas, dentro de lo realmente trágico.
    La naturaleza tan bella y sana, cuando la mano del hombre la sujeta y “vapulea con dureza, se revuelve contra él. Y no lo hace sin razón viendo como los humanos, con nuestra insensatez, contribuimos a exterminarla.
    Agradezco aceptes mis “deslavazados” textos, aunque estos no aporten nada.
    Un abrazo desde Palmeira.

    1. Concordo contigo, Naty, mesmo sexan ou non deslavazados (que non o son) os teus comentarios. Co meu agradecemento polas túas palabras e atencións, aí vai un forte abrazo (ou un cobadazo) para Palmeira na túa persoa.

  2. Apreciado Fidel:
    “La belleza salvará al mundo”.
    ¡La belleza la podemos encontrar en tantos lugares…! En un niño, un anciano, un joven, un hermoso monumento… ¡En tantas cosas!, pero sobre todo: en la NATURALEZA misma. Esa es la gran belleza, desde mi punto de vista.
    LA MADRE NATURALEZA, es romántica, es sutil, es colorida, es diversa. Pienso que ahí radica el milagro de la belleza.
    Excelente y profunda reflexión la de “Ser un mesmo, sabendo o difícil que supón saber que é ser un mesmo”. Esto ya no es hermoso; esto es dificilísimo y complicadísimo Fidel. Tú, como psiquiatra, lo sabes mejor que yo, aunque una tenga un sentido de “SER UN MESMO” a mi manera. Y que, por tanto, difiere bastante del tuyo. Te cuento:
    En una ocasión, era más joven, caminando y mirándome de arriba abajo, intenté encontrarme a mi misma. No lo conseguí, pero nada más llegar a casa e irme al cuarto de baño y verme reflejada en el espejo… ¡Estaba allí!, me había encontrado. ¡Era yo misma!
    Y sigo siendo yo, a sabiendas de lo difícil que es: “SER UNO MISMO”.
    Lo siento, pero no puedo evitar mi sentido del humor.

    Un beso, desde Palmeira, aunque sea con este molesto “bozal”.

    ¡Ah!, y disculpa mi “deslavazado” texto.

    1. Encántanme os textos “deslavazados”, prezada Naty. Agradezo as reflexións que fas no teu comentario. A Nai Natureza, ademais de beleza, tamén nos brinda con outras que, en termos kantianos -co permiso de Ricardo Losada- podemos chamar sublimes, tal o volcán de Canarias ou os tsunamis de Indonesia. Sexa como for, diante ou detrás do espello, seguiremos buscando polo noso eu, por saber quen somos. Apertas e bicos tapados para Palmeira.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>