Unha historia para vender

descargaMarina Losada Vicente. Estou na praia intentando durmir. Unha muller charla cunha amiga, toalla contra toalla, a tres metros de onde eu repouso. Escoito todo o que din, mal que me pese. Así son sabedora de que a súa filla Teresiña é unha apaixonada do ouro. Desde rapaza pide xoias do precioso metal nos seus aniversarios, no Nadal, na súa onomástica… A maiores, desde que empezou a traballar, e cando considera que se merece un presente, que non son poucas veces, sempre compra ouro. Un anel, un colar, unha diadema na súa festa de graduación! Parece fácil compracela, mais é complicado, se queres ser orixinal. Na petición de mans o seu Arturito tivo que mercarlle unha pulseira de tornecelo!

Tanto valor ten en ouro, que ademais dun xoieiro de seguridade na cómoda, con aquelas pezas que pon máis a miúdo, ten tamén unha caixa forte na parede da súa habitación, agochada detrás da cabeceira da cama.

Un tempo despois chega unha terceira muller, que saúda a nai da coleccionista de ouro. Cando marcha leva sabido que se mudaron á urbanización “O Bosque”, na parte norte de Santiago, e que o seu chalé se chama Vila Quintanilla, na rúa segunda, man dereita.

De ser eu unha ladroa, miña sería esa caixa forte. Como non o son, decido publicar o que teño -o caso é verídico cento por cento- cos datos modificados, á espera de que alguén se poña en contacto comigo para saber o que vale unha ficción baseada en feitos reais.

Un comentario en “Unha historia para vender

  1. ¡Madre mía!
    Al parecer, la niña, quería montar una joyería al comienzo de su nueva vida de matrimonio.
    Con esa visión de negocio “dorado”…, no dudo pudo abrirse camino en la vida.
    Y si sus amistades y familiares seguían con la misma tónica de seguir regalando…, cuando tuviera que reponer el producto “dorado”… No tendría más que esperar a todas sus fiestas de cumpleaños y demás efemérides…, para reponer, en la tienda, su falta de existencias.
    Disculpa Marina, pero siempre tengo que sacar la vena humorística, a la mayoría de vuestras narrativas. Y muchas de las tuyas se prestan a ello.

    Un beso desde el mismo lugar de siempre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *