Un defensor do galego

Atravesar o fantasmaPastor Rodríguez. Licenciado en Filoloxía Galega, este ribeirán nado en 1978, foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e concelleiro na súa vila natal. Profesor de ensino medio, Carlos Callón é coñecido en toda Galiza pola súa firme defensa dos dereitos dos falantes galegos e por ser autor de libros sobre dereitos lingüísticos, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011), co que gañou o premio Redelibros, e polos manuais de uso do galego: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), mais tamén como ensaísta literario con volumes como Unha historia que nos pertence. A poesía galega de Lorenzo Varela (2005) e Amigos e sodomitas. A configuración da homesexualidade na Idade Media (2011), premio Vicente Risco. Colaborador de Longa Lingua e de Galicia Hoxe, xornal onde redactou a sección Por navegar ao desvío, é tamén autor de En castellano no hay problema (2010). Xa de estudante gañara o concurso de teatro breve Lauro Olmo cunha peciña que se editou en 1996.

Autor de contos, Carlos Callón foi galardoado no premio Poesía Concello de Ames e no certame Francisco Fernández del Riego. En 2014 apareceu Atravesar o fantasma, o seu primeiro poemario, cun gran peso do tema da identidade, mais tamén do amor e a morte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *