Sociedade do “benestar” e malestar na cultura

sticoFidel Vidal. Leopoldo Contreras, catedrático emérito, ten graves problemas económicos e séntese derrotado ao non ser quen de vivir das traducións de autores clásicos. A punto de ser embargado, implora venderse como escravo e, por ende, mudar de nome: Stico (filme de 1985, interpretado por Fernando Fernán Gómez, coguionista con Jaime de Armiñán, director). Stico unicamente esixía ao seu amo –o avogado Bárcena, antigo alumno con éxito económico– o establecido polas leis segundo o Dereito Romano, do que Contreras foi profesor: “alimento, acubillo e vestido”. A situación contractual -paradoxos dos compromisos legais- resultou insoportable para o amo quen, ao final, consigue librarse de Stico, e este, nunha triste despedida como escravo, pensa en voz alta: “Non hai liberdade nin para deixar de ser libre.” Daquela os escravos (!) tiñan dereito a un teito, a roupa e a comida.

Freud, na súa carta a Einstein, publicada co título “O porqué da guerra” (1932), escribiu: “Desde tempo inmemorial a humanidade ven vivindo un proceso de desenvolvemento cultural. (Sei que outros compañeiros prefiren denominalo un proceso de civilización). A este proceso debemos o mellor do que alcanzamos ser e boa parte do que nos fai sufrir.” Hai unha gran diferenza entre cultura (kultur) e civilización (zivilisation). Cultura se refire aos sistemas de valores morais e ás consecuencias intelectuais e estéticas (humanidades), e civilización se refire aos logros materias e técnicos. E estes logros técnicos poden modificar, e fano de feito, tanto os valores intelectuais e éticos coma os estéticos.

O benestar, ou polo menos a mellor vida ao alcance do home –apréndenos Bettelheim-, a máis pracenteira e a máis plena de sentido, consiste en ser capaz de amar verdadeiramente, non a un mesmo senón aos demais, e en ser capaces de encontrar “un traballo significativo e satisfactorio, que teña consecuencias positivas para os outros”. porquéSe lle engadimos –será unha redundancia- que o reino da liberdade só empeza cando se acabe o traballo imposto pola necesidade e os fins externos (Marx), estaremos máis preto do ideal. Será un amor a producir amor, amante convertido en amado ou, por dicilo en palabras dun home santo, frei Juan de la Cruz, Amada en el Amado transformada.

O narcisismo egoísta conduce a unha vida superficial e sen sentido, falta das relacións íntimas e recíprocas –a perda da dualidade comunicativa-, mutuamente satisfactorias e enriquecedoras, cos demais, constitúen o mellor que pode ofrecer a vida. Así o manifesta Bettelheim, quen, ao falar do volume O malestar na cultura, insiste en que esta famosa obra de Freud debera traducirse como “O malestar inherente á cultura”. A insatisfacción ou a incomodidade, o desacougo, como sensacións son o prezo que debemos pagar por gozar de todas as vantaxes que extraemos da nosa cultura. Freud “elucida as convincentes razóns psicolóxicas que fan imposible dispor de culturas sen este malestar e deixa claro que ese desacougo é unha concomitancia ineludible das sublimacións necesarias para lograr unha existencia civilizada”. Freud non podía imaxinarse unha civilización sen insatisfacción. A falta, a carencia, forma parte da nosa cultura, non é unha consecuencia dela.

4 comentarios en “Sociedade do “benestar” e malestar na cultura

  1. Disculpade. Dínlle sen querer. Pero o que quería dicir é: non te rindas Magdalena. A condición de “ignorante” é a de todos os que queremos aprender e contrastar. Os “outros” non o necesitan, pois xa o saben, senón todo, case. Que ninguén se ofenda. Non se trata diso. Coido que Magdalena dálle unha “vidilla” á páxina, que xa quixeran outras de maior ámbito e pretensións para elas. Ánimo e apertas boirenses.

  2. Grazas a ti, Magdalena, polos teus acertados comentarios e polo interese. É verdade que estaría máis animado o noso Café se houbera outras voces engadidas. Pero aí non mandamos.
    Unha curiosidade con respecto aos versos de Juan de la Cruz combinados coa frase de Marx: hai uns días o mesmo papa Francisco dixo isto: ” Os comunistas pensan coma os cristiáns.”

    Saúde,

  3. Buenas noches Fidel: No sé si he leído tres o cuatro veces tu artículo y tuve dudas si contestarte. Te comento; cada día miro los comentarios que entran y unicamente veo mi nombre, me da un poco de rubor al comprobar mi osadía pero, me puede más el sentimiento de culpa si no lo hago, porque cuando se lee algo bueno es de agradecidos el darle contestación a eso que te ha complacido. Tu artículo me ha agradado mucho.
    ” Non hai liberdade nin para deixar de ser libre ” Esa frase de Stico es genial.
    Lo que nos enseña Bettelheim de que la vida más placentera consiste no en amarse a uno mismo sino a los demás, ya la conocemos a través de la biblia, lo difícil es cumplirlo. Y según Marx, si el reino de la libertad sólo empieza cuando acabe el trabajo impuesto, eso también es una utopía, no recuerdo muy bien pero algo parecido leí en la novela ( preciosa ) de Tomas Moro, precisamente con ese nombre Utopía.
    También es muy hermoso lo de ” Amada en el Amado transformada”
    Gracias Fidel, muy buenas noches . moi bo artigo.
    Saúdos palmeiráns
    “Amar la lectura es cambiar las horas de aburrimiento que uno tiene en la vida, por horas más deliciosas.” ( Barón de Montesquieu )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *